O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O Pino súmase ao Día contra a Violencia de Xénero con actividades de sensibilización e culturais

O Pino súmase ao Día contra a Violencia de Xénero con actividades de sensibilización e culturais

Novas

21-11-2018
21 Nov

O Concello do Pino conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo domingo 25 de novembro, cunha campaña de sensibilización protagonizada polos veciños e veciñas que participan nas actividades culturas e deportivas municipais rexeitando ás violencias machistas. Obradoiros educativos e espectáculos de teatro e maxia completan a programación promovida polo Concello coincidindo con esta conmemoración.

Entre as actividades máis importantes para esta xornada está campaña de sensibilización promovida polo Concello. Para levala a cabo, as persoas que participan en actividades culturais e nas  diversas escolas e actividades deportivas municipais fixeron fotos con carteis alusivos ao rexeitamento desta lacra violenta. Centos de veciñas e veciños de todas as idades, dende os que participan en costura, na ximnasia por parroquias, ou os de running, tenis, futbito, ioga ou pilates, por citar algúns, ata os que acudiron á segunda etapa do Camiña e Descubre, sumáronse a esta iniciativa.

As actividades comezan, con todo, mañá mesmo. O CPI Camiño de Santiago acollerá unha charla que, baixo o título ‘Violencia de xénero no novo contexto dixital’, tentará sensibilizar á poboación adolescente da importancia de previr certas situacións á hora de utilizar as redes sociais e as ferramentas tecnolóxicas. Despois, ás 19.00 horas, a Casa da Cultura porá o escenario para outra conferencia, esta aberta a público familiar e educadores, sobre ‘O uso seguro e saudable das novas tecnoloxías’. Estas actividades impartiraas o colectivo Pantallas amigas, utilizando contidos audiovisuais e cunha metodoloxía dinámica, participativa e favorecedora do debate.

O mesmo recinto da Casa da Cultura será o lugar no que o venres, ás 11.30 h, se poña en escena a obra de teatro ‘Elisa e Marcela’, para alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO. O texto baséase na historia real do primeiro matrimonio homosexual feminino que interpreta a compañía A Panadaría. Ás 13.00 h, no CPI Camiño de Santiago, representarase o espectáculo ‘Maxia pola igualdade’, a cargo da ilusionista Fanny Triana, para os cursos 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.

Con estas accións, o Concello do Pino quere situarse activamente fronte á violencia de xénero, ante a cal só cabe a resposta que dan os veciños e veciñas do municipio: NON.

Tweet
Share94
Share
Pin
94 Shares
« Cincuenta veciños do Pino, camiñan e descubren o Camiño do Norte entre A Mota e Castrofeito
Un total de 14 veciños e veciñas do Pino participaron no programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English