O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino reivindica no 8M a igualdade de dereitos e oportunidades nunha sociedade máis xusta

News

07/03/2025
7 Mar

O manifesto institucional celebra os avances acadados e agradece o traballo de todas as mulleres que construíron a realidade que temos hoxe  ||  

O alcalde anima a manter o espírito de loita para que primen os valores e principios que garantan os dereitos fundamentais   ||  

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, animou esta mañá a manter o espírito de “loita pola igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres nunha sociedade máis xusta, na que primen os valores e principios que garantan os dereitos fundamentais”. Durante a lectura do manifesto institucional para conmemorar o Día Internacional da Muller, Taboada Vigo agradeceu o traballo de todas as mulleres que no pasado construíron en materia de igualdade a realidade coa que hoxe nos atopamos.

Nun mural instalado na entrada da casa consistorial para conmemorar o 8M destacan cualificativos como “valentes”, “loitadoras”, “emprendedoras” ou “compañeiras” referidos ás mulleres, para as que se reclama “respecto”.

Manuel Taboada leu o manifesto institucional do Concello do Pino polo 8M, no que se recoñecen os avances acadados ata o momento, e se afirma que “a igualdade efectiva en todos os aspectos da vida segue sendo unha meta por conseguir”. “Aínda hai moitos ámbitos, destacando os máis cotiás, nos que subsiste a discriminación, directa ou indirecta”, engade.

“A igualdade debe ser entendida como un indicador de prosperidade e avance social”, afirmou Taboada Vigo, que animou a “alonxarse dos estereotipos de xénero aínda existentes”.

Dende o Concello do Pino celebran os avances en materia de igualdade e recoñecen o traballo de todas as mulleres que construíron a realidade que nos atopamos. Pero este 8M debe ser tamén “un día de concienciación de que estamos ante unha loita inacabada”, e que debemos seguir construíndo unha sociedade que garanta os dereitos fundamentais de todas as mulleres “como cidadás que participan activamente de maneira equitativa na sociedade e tendo autonomía para tomar decisións no desenvolvemento da súa vida”.

Ademais da lectura do manifesto, o Concello do Pino colocou unha pancarta no balcón da casa consistorial e comeza unha campaña de sensibilización na que colabora o comercio local. Nos vindeiros días realizaranse diferentes actividades co alumnado do CPI Camiño de Santiago.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« ‘O patio da corentena’ e ‘Artista coleccionista’ premios ao disfrace máis orixinal e de grupo no Entroido do Pino
O Concello do Pino lanza unha enquisa para deseñar un programa de actividades deportivas máis amplo e adaptado á veciñanza »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English