O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino recibe aos participantes do Reto Camiño de Santiago da asociación AVOI

News

27/06/2024
27 Xuñ

O alcalde Manuel Taboada, o concelleiro José Fuentes, e o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Pablo Fernández, deron a benvida ao grupo de máis de 200 persoas que inclúe 60 nenos e nenas oncolóxicos ||

 

O Concello do Pino recibiu esta mañá aos participantes do ‘Reto Camiño de Santiago’ de AVOI (Asociación de Voluntarios de Oncoloxía Infantil de Málaga). O grupo, integrado por máis de 200 persoas, inclúe 60 nenos e nenas oncolóxicos, as súas familias, e a un equipo de 15 profesionais sanitarios entre médicos, enfermeiras e fisioterapeutas, así como voluntarios. Esta é unha segunda vez que o grupo realiza o Camiño de Santiago, tras a súa primeira experiencia en 2019.

Os participantes chegaron ao Pino ao redor das 13.30 horas cantando e foron recibidos polo alcalde Manuel Taboada, polo concelleiro José Fuentes, e polo secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández. O rexedor mostrouse moi orgulloso de poder axudarlles na súa estancia no Pino xa que o grupo instalouse no interior do pavillón e na zona exterior para realizar a comida e pasar a noite tras esta dura xornada.

Os membros de AVOI amosaron efusivamente o seu agradecemento ao Concello polo apoio loxístico e polo cariño que lles prestaron.

O grupo continuará o Camiño mañá e o sábado, ás 10:30 da mañá, chegarán a Santiago onde serán recibidos por Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia. Este encontro será o colofón dunha viaxe dura pero emotiva, que subliña a forza ea resiliencia dos nenos e nenas oncolóxicos e as súas familias.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Manuel Taboada participa no foro ‘La España Despoblada’ organizado en O Pino pola Ser
O Pino destina 62.947 € do Plan de Mellora de Camiños Municipais á mellora do camiño de Angumil á estrada de Touro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English