Comezará o 15 de febreiro percorrendo uns quince quilómetros entre Ferrol e Neda ||
O resto de etapas están previstas para o terceiro sábado de cada mes ata maio e, despois do verán, a partir de setembro ||
As persoas participantes deberán aboar 8 euros por etapa, podendo inscribirse ata o xoves anterior a cada unha delas ||
O vindeiro 15 de febreiro comezará a oitava edición do programa Camiña e Descubre co que o Concello do Pino que dar a coñecer os atractivos do Camiño Inglés entre amantes do sendeirismo. O obxectivo deste programa é fomentar entre a veciñanza hábitos saudables ao tempo que se descobren as fermosos paraxes que hai na nosa comunidade nos camiños que rematan en Compostela.
Este ano, a previsión é percorrer o Camiño Inglés en oito ou nove etapas, que se celebrarán o terceiro sábado de cada mes, como nas edicións anteriores. O Camiña e Descubre 2025 celebrarase entre febreiro e maio e, tras o verán, continuará en setembro ata chegar a Compostela.
O vindeiro 15 de febreiro celebrarase a primeira etapa, duns quince quilómetros, entre Ferrol e Narón. As persoas interesadas poderán anotarse ata o xoves 13 de febreiro, cubrindo o formulario de inscrición e facendo o pagamentocorrespondente. Unha vez cubertos, estes documentos deberán entregarse nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas) ou a través da sede electrónica do Concello do Pino
O Concello mantén o prezo de 8 euros por persoa e etapa para participar neste programas. As persoas interesadas poden facer o pagamento de varias etapas dunha soa vez, para simplificar os trámites.
Ao longo de varias etapas, as persoas que participen poderán gozar dunha das rutas máis
As persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 511 065 ou do enderezo electrónico cultura@opino.gal.