O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino organiza o II Concurso de Murais con motivo da Festa do Galo Piñeiro

News

30/06/2026
30 Jun
  • Poderán participar persoas residentes en España maiores de 16 anos que teñan feito outros murais ao aire libre

  • A persoa gañadora recibirá 2.000 euros de premio ademais da pintura, e deberá rematar a obra antes do 31 de xullo

  • A zona elixida para facer o graffiti é o muro de 33 metros do lateral exterior do CPI Camiño de Santiago, na rúa do Peregrino

  • As obras versarán sobre o concello do Pino como última etapa do Camiño Francés ou sobre a Festa do Galo Piñeiro

Unha parte do mural gañador na primeira edición de 2025

O Concello do Pino mantén a súa aposta pola arte urbana para decorar espazos públicos e convoca o segundo Concurso de Murais coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro os días 1 e 2 de agosto. A este certame, dotado cun premio de 2.000 euros, ademais da pintura necesaria, poderán presentarse persoas maiores de 16 anos residentes en España que acrediten experiencia no pintado de graffitis.(Bases do concurso neste enlace).

O obxectivo deste concurso é visibilizar, a través das técnicas do graffiti e mediante a creación dun mural urbano, as características que rodean ao Concello do Pino. Ao igual que na primeira edición, as persoas participantes este ano deberán presentar propostas relacionadas co Pino como última etapa do Camiño Francés ou coa Festa do Galo Piñeiro, declarada de Interese Turístico de Galicia.

Os artistas que queiran participar neste II Concurso de Murais do Concello do Pino dispoñen desde este venres 3 de xullo (data de publicación do extracto da convocatoria no BOP) dun prazo de dez días hábiles para remitir as súas propostas ao Concello, xunto con fotografías de traballos que xa fixeran previamente para acreditar a súa técnica e cualificación.

Un xurado formado por cinco persoas será o encargado de elixir a persoa gañadora do certame, que deberá rematar o seu traballo antes do 31 de xullo de 2026, se ben esta data ten carácter estimativo e poderá ser modificada por acordo entre o Concello e o artista.

Outra imaxe do mural que gañou o concurso o ano pasado

O graffiti deberá pintarse no muro situado no lateral exterior das instalacións do colexio público integrado Camiño de Santiago, na rúa do Peregrino, un espazo de elevada visibilidade e tránsito peonil e rodado, ao carón dunha beirarrúa pavimentada que dá acceso ao centro de saúde e á casa da cultura, fronte a unha área de estacionamento público. Trátase dunha parede de 2,50 metros de alto por uns 33 metros de longo.

As obras terán que ser orixinais do artista e inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. O Concello do Pino entregaralle un premio en metálico de 2.000 euros á persoa gañadora desta segunda edición, e asumirá tamén os gastos da pintura (ata un máximo de 1.000 euros) ademais de facilitar os sistemas necesarios (escadas) para acceder á área onde plasmar a obra.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O equipo J. Balado gaña o Torneo de fútbol sala ao impoñerse nos penaltis ao FC Tucaneros
O Concello do Pino abre a venda de entradas para o xantar popular da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English