O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino organiza dúas xornadas gratuítas para aprender a actuar ante situacións de emerxencia

News

19/10/2026
19 Oct

As sesións de primeiros auxilios celebraranse o 31 de outubro no Pavillón de Reboredo e o 14 de novembro na Casa do Maior de Lardeiros, de 10.00 a 12.00 horas ||

A formación terá un enfoque práctico, con simulacións e exercicios sobre atragantamentos, reanimación cardiopulmonar e primeiros pasos de intervención ||

O Concello do Pino organiza dúas xornadas prácticas de primeiros auxilios co obxectivo de achegar á veciñanza coñecementos básicos para actuar ante unha emerxencia ata a chegada dos servizos sanitarios. A actividade será gratuíta e contará con prazas limitadas.

A primeira sesión terá lugar o sábado 31 de outubro no Pavillón de Reboredo. As persoas interesadas poderán anotarse ata o venres 30 de outubro. A segunda desenvolverase o sábado 14 de novembro na Casa do Maior de Lardeiros, con 25 prazas dispoñibles e prazo de inscrición ata o venres 13 de novembro. Ambas as xornadas terán unha duración de dúas horas, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

As inscricións poderán formalizarse presencialmente no Concello do Pino ou en liña a través da aplicación municipal de reservas premendo neste enlace.

Aprendizaxe mediante exercicios e simulacións

Os contidos centraranse na actuación ante atragantamentos, na reanimación cardiopulmonar (RCP) e no protocolo básico de resposta ante situacións de emerxencia. Tamén se abordarán a identificación de riscos e os primeiros pasos de intervención mentres se agarda pola asistencia sanitaria.

A metodoloxía será principalmente práctica e participativa. Mediante simulacións e exercicios, as persoas asistentes poderán familiarizarse con técnicas básicas de primeiros auxilios e practicar como responder ante situacións que poden producirse na vida cotiá.

Con esta iniciativa, o Concello do Pino busca promover hábitos de prevención, responsabilidade e colaboración, así como concienciar sobre a importancia de contar con coñecementos de primeiros auxilios para prestar atención inmediata ás persoas en situación de risco.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino ofrece clases de pilates e hipopresivos os mércores pola mañá no pavillón de Lameiro
Os escolares do Pino xa poden participar no Concurso de Postais de Nadal »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English