O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino móvese pola lingua cunha andaina e con xogos populares no Día das Letras Galegas

News

30/04/2025
30 Abr
  • Ámbalas actividades, organizadas polo departamento de Deportes, son gratuítas //

  • A ruta a pé, duns 13 quilómetros, discorrerá polo Camiño Francés ao seu paso polo municipio //

  • O Concello pon a disposición das persoas participantes un autobús entre a Casa da Cultura e o punto de inicio do percorrido na Calzada //

  • Os xogos desenvolveranse no pavillón de Reboredo entre as cinco e as nove da tarde //

O departamento de Deportes do Concello do Pino organiza dúas actividades para festexar o sábado 17 de maio o Día das Letras Galegas unindo actividade física e cultura. A xornada comezará cunha andaina polo Camiño Francés ao seu paso polo municipio e, xa pola tarde, a cativada poderá desfrutar dun circuíto de xogos populares. Ámbalas actividades son gratuítas, aínda que se precisa inscrición para participar na andaina.

Camiñando coa Lingua é o nome da andaina que se desenvolverá no Pino o sábado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O seu obxectivo é fomentar a práctica do deporte ao aire libre ao tempo que se fomenta o uso do galego entre as persoas participantes. O percorrido, duns 13 quilómetros, discorrerá entre A Calzada, no límite con Arzúa, ata a Casa da Cultura do Pino en Arca. Poden participar todas as persoas que o desexen, malia que se recomenda que teñan máis de doce anos por causa da distancia.

O Concello do Pino poñerá a disposición das persoas participantes un autobús gratuíto que sairá da Casa da Cultura ás 8.30 horas, para comezar a andaina ao redor das nove da mañá. A hora de chegada está prevista para as 12.30 horas.

As prazas están limitadas á capacidade do autobús. Por este motivo, é precisa inscrición no departamento de Deportes do Concello cubrindo o formulario que pode atoparse nesta mesma nova ou no propio departamento de Deportes. O prazo de inscricións pecharase o luns 12 de maio ás 15.00 horas.

Pola tarde, o protagonismo terano as familias, que poderán desfrutar de diferentes xogos populares no pavillón de Reboredo entre as 17.00 e as 21.00 horas. A actividade, que contará con monitores, ofrece propostas como tiro á corda, sacos, bolos, rá, paracaídas, aro, chave, zancos, petanca ou jenca.

Podes descargar aquí o formulario de inscrición:

Icon

Formulario de inscrición da andaina das Letras Galegas 2025

1 file(s) 79.12 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino impulsa unha nova edición do programa Vai de Auga 2025 con saídas ás Termas de Cuntis
O Pino contará cunha nova parada de autobús para dar servizo á veciñanza de Santiso e Castrofeito »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English