O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino incrementa en 6.000 horas o servizo de axuda no fogar e contará con Atención Temperá

News

06/03/2020
6 Mar

A Corporación de O Pino debaterá mañá en pleno extraordinario unha proposta de modificación de crédito de 130.000 euros para poder facer fronte ao incremento de horas concedidas para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que pasa de 11.500 a 17.400 horas anuais, e para por en funcionamento o servizo de Atención Temperá xunto cos municipios de Boqueixón, Touro e Vedra. Os catro concellos tamén porán en marcha un obradoiro de emprego.

O Concello de O Pino ten asignadas para este ano 17.400 horas de atención no Servizo de Axuda no Fogar, o que representa un incremento de máis dun 50% nas horas asignadas o pasado e, en consecuencia, un forte incremento de inversión neste programa que atende ás persoas en situación de dependencia ou vulnerables. O Concello estima que o custo do servizo vaise incrementar nuns 100.000 euros, motivo polo que o equipo de goberno leva mañá a pleno extraordinario unha modificación de crédito.

O forte incremento nas horas de atención vai implicar tamén unha nova licitación deste servizo, pois tamén se modifica o prezo de cada hora.

Ademais, o Concello de O Pino, xunto cos de Boqueixón, Touro e Vedra vaise sumar á Rede Galega de Atención Temperá e por en marcha este servizo que atende a nenos e nenas de 0 a 6 anos en situación de dependencia, con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos.

O expediente de modificación de crédito que se somete mañá a consideración da Corporación servirá para facer fronte ao incremento da inversión nestes dous servizos, que non estaban contemplados cando se aprobaron os orzamento deste ano, e tamén para poder asumir á parte que lle corresponde ao Concello do Pino polo obradoiro de emprego solicitado entre os catro concellos.

O obradoiro de emprego Boqueixón-O Pino-Touro-Vedra 2020-2021 está relacionado coas actividades forestais e contará con dous módulos. Un de repoboacións forestais e tratamentos selvícolas de nivel II e outro de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes de nivel I.

Destinado a formar a persoas en situación de desemprego, este obradoiro contará con 20 prazas (5 para cada concello), e suporá un investimento de 407.000 euros, dos que 344.757 foron solicitados á Consellería de Economía, Emprego e Industria e, o resto, deberá ser sufragado polos concellos participantes.

Ademais destes puntos, no pleno extraordinario de mañá, sábado, que comeza ás 10.00 horas, farase o sorteo para designar aos integrantes das mesas electorais nas vindeiras eleccións autonómicas do 5 de abril.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino celebra o Día Internacional da Muller cunha ‘Andaina pola igualdade’
A ‘Andaina pola igualdade’ protagoniza o Día Internacional da Muller en O Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English