O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino inaugura a Casa da música Manuel Barreiro Mosquera, en homenaxe ao ‘Padriño’ da Banda de Arca

News

22/06/2024
22 Jun

O Concello celebra a apertura dun novo espazo cultural dedicado á música||

O goberno local con este emotivo acto o legado dun dos membros máis activos e lonxevos da Banda de Arca ||

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, inaugurou este sábado 22 de xuño a Casa da música Manuel Barreiro Mosquera, un novo espazo que será utilizado pola Banda de Música como local de ensaio e de formación. O edificio leva o nome de Manuel Barreiro, coñecido como O Padriño entre os músicos, quen aos seus 90 anos e leva máis de medio século tocando o clarinete e o requinto na Banda de Arca. Con esta homenaxe o Concello reafirma o seu compromiso coa agrupación e co desenvolvemento cultural da comunidade.

A inauguración contou coa presenza, ademais do alcalde e do homenaxeado, da presidenta da Asociación Cultural Banda de Música de Arca, Antía Cores; do seu director, Andrés Pérez, e de numerosos veciños e veciñas. “Desde o Concello queremos ofrecer instalacións onde poidan seguir cultivando o amor pola música entre a mocidade do Pino e de toda a comarca”, destacou o rexedor.

O local que alberga a Casa da música sempre tivo un vínculo coa educación, primeiro como escola unitaria e logo como punto de atención á infancia. Agora, converterase nun centro cultural cedido á banda para os seus ensaios e para seguir formando e iniciando na música a futuras xeracións.

No marco desta inauguración, o Concello de O Pino rendeu unha homenaxe a Manuel Barreiro Mosquera, coñecido como O Padriño. Vinculada á Banda de Música de Arca de xeito ininterrompido dende 1970, Manuel foi un exemplo de dedicación e paixón pola música. “Foi, e segue sendo, un piar da banda, un exemplo para novos e veteranos. A súa vitalidade e carácter afable son admirados por todos, xa que leva a música no seu sangue, no seu ADN”, subliñou Manuel Taboada.

Nado o 8 de setembro de 1933, O Padriño comezou a súa traxectoria musical aos 14 anos na Banda da Grabanxa, pasando polas Bandas de Senra e Arzúa antes de unirse á Banda de Música de Arca en 1970. Non só destacou como músico tocando o clarinete e o requinto, senón tamén polo seu papel na incorporación de novos membros, incluídos os seus propios fillos e outros veciños.

Nos 54 anos que O Padriño leva na Banda de Arca,  estivo sempre atento a batuta de varios directores: Benito Iglesias, Rosendo Mato, Xavier Ces, Ramón Vigo, José María Blanco e tamén do actual, Andrés Pérez. Nos seus primeiros anos na banda, incluso lle tocou en algunha ocasión exercer de director.

Para honrar o seu legado, o alcalde Manuel Taboada desvelou a sorpresa da mañá: “Por toda esa paixón e amor pola música que transmites a todos os que te coñecen, no Concello de O Pino queremos que este local leve sempre o teu nome. Por iso chamámolo Casa da música Manuel Barreiro Mosquera“.

Aínda que o Concello contaba coa complicidade da familia, Manuel descoñecía a nova polo que a emoción no seu rostro foi palpable. O Padriño agradeceu o xesto cunha intervención chea de humor aínda que confesara “que o de falar non é o meu”.

Tras descubrir a placa que dende hoxe loce á entrada da Casa da Música e do intercambio de agasallos, a Banda de Arca tocou varias pezas entre as que non faltaron o himno galego.

A xornada rematou ao redor da mesa cun xantar cheo de risas, de recordos e de moita ledicia.

Esta inauguración marca un novo capítulo na historia cultural do Pino, consolidando o compromiso do municipio coa música e a formación de novos talentos, ao tempo que recoñece o inmenso aporte de Manuel Barreiro Mosquera O Padriño á comunidade.

Podes ver o album de fotos na páxina oficial de Facebook do Concello do Pino, neste enlace.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Actuacións financiadas polo POS+ 2024 da Deputación da Coruña no Concello do Pino
O Concello de O Pino pídelle ao de Santiago que deixe operar aos taxistas do Pino no aeroporto »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English