O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino habilita unha carpa preto do centro de saúde para o estudo epidemiolóxico da COVID-19

News

24/04/2020
24 Apr

O Concello de O Pino instalou unha carpa preto do centro de saúde para facilitarlle ao persoal sanitario tomar as mostras as persoas que van participar no estudo epidemiolóxico que puxo en marcha a Xunta de Galicia para coñece a prevalencia da COVID-19 entre a poboación.

No centro de saúde de O Pino vanse facer test a 108 persoas para detectar se teñen a COVID-19. O persoal sanitario comezou esta mañá a tomar as mostras as persoas elixidas polo Instituto Galego de Estatísticas, e ten previsto rematar esta primeira quenda a vindeira semana.

Segundo o coordinador do centro, contactarase por teléfono coas persoas seleccionadas, que deberán desprazarse ata Arca. Nesta carpa, persoal de enfermería, cun pinchazo no dedo, tomaralle unha mostra de sangue que despois será analizada, e daranlle o resultado por teléofono.

Aínda que nalgúns casos o persoal sanitario acudirá ao domicilio da persoa seleccionada, a maioría deberán desprazarse ata o centro de saúde de Arca. Non será necesario que baixen do coche para facer a análise. O Concello colabora con esta iniciativa instalando esta carpa, para facilitar o traballo aos sanitarios en caso de choiva ou mal tempo.

Con este estudo epidemiolóxico que puxo en marcha a Xunta de Galicia quérese coñecer con máis precisión a dimensión o mapa epidemiolóxico galego da COVID-19, realizando 100.000 test para determinar os niveis de inmunidade. Vaise realizar en dúas quendas, separadas polo menos por 4 semanas. Nesta primeira quenda, que comezou onte, na área de Santiago vanse facer 1.650 test, 108 deles no Pino.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino participa no vídeo co que persoal de bibliotecas municipais celebran o Día do Libro
A Galiña Azul de O Pino abre dende mañá e ata o 29 de maio o prazo para pedir e renovar praza »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English