O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino estreita lazos con Xapón coa colocación dunha mouteira do camiño Shikoku Henro

News

07/09/2026
7 Sep

Manuel Taboada e Hirofumi Matsuoka descubriron diante do centro sociocultural Luis Seoane o noveno fito desta ruta de peregrinación en Galicia  ||  

O alcalde resaltou que será “un símbolo de amizade entre Galicia e Xapón, e unha expresión dos profundos lazos que unen aos nosos pobos”  ||  

O presidente da asociación nipona agradeceu a hospitalidade do municipio e manifestou a súa vontade de estender esta iniciativa a outros concellos do Camiño Francés  ||  

 

O Concello do Pino reforzou hoxe os vínculos entre o Camiño Francés e a ruta xaponesa de peregrinación Shikoku Henro coa colocación dunha mouteira conmemorativa diante do centro sociocultural Luis Seoane, en Arca. O alcalde, Manuel Taboada, e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Shikoku Henro, Hirofumi Matsuoka, participaron no acto, que simboliza a amizade e o intercambio cultural entre Galicia e Xapón.

O novo fito, o noveno desta ruta nipona en Galicia, quedou instalado a carón da mouteira do Camiño Francés que sinala unha distancia de case 19,5 quilómetros ata Santiago de Compostela. No encontro participaron tamén integrantes do equipo de goberno municipal, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e os membros da delegación xaponesa que estes días visita Galicia. Ao seu paso polo lugar, varios peregrinos sumáronse á celebración con aplausos.

Durante a súa intervención, Manuel Taboada destacou o significado desta iniciativa como punto de encontro entre dous grandes itinerarios de peregrinación. “Será un símbolo de amizade entre Galicia e Xapón, e unha expresión dos profundos lazos que unen aos nosos pobos”, asegurou.

O rexedor salientou que, malia os miles de quilómetros que os separan, o Camiño de Santiago e o Shikoku Henro “están unidos por valores universais: a espiritualidade, o esforzo, a hospitalidade, o encontro entre culturas e a busca persoal que acompaña a todo peregrino”.

Pola súa banda, Hirofumi Matsuoka agradeceu a hospitalidade do Concello do Pino e lembrou que comezou a percorrer o Camiño de Santiago desde os Pireneos en 2006. En 2009 colocou en Molinaseca, en León, o primeiro fito do Shikoku Henro. A instalación da mouteira no Pino dá continuidade a este labor de achegamento entre ambas as rutas, que o ano pasado incluíu visitas a Melide e Arzúa.

Matsuoka avanzou tamén a súa intención de promover a colocación destes fitos en Monterroso e Pedrafita do Cebreiro, os dous municipios que, segundo explicou, quedan por incorporarse á iniciativa dentro da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés en Galicia.

O Shikoku Henro é unha ruta circular de aproximadamente 1.200 quilómetros que conecta 88 templos budistas na illa xaponesa de Shikoku. Vinculada á figura do monxe Kūkai, coñecido como Kobo Daishi, esta peregrinación mantén lazos de irmandamento co Camiño de Santiago. A nova mouteira de Arca contribúe a dar a coñecer este itinerario entre as persoas que percorren o Camiño Francés e reforza o papel do Pino como lugar de acollida e encontro entre culturas.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, co presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro (Xapón), Hirofumi Matsuoka

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino celebra o domingo 20 de setembro a XXI Carreira Pedestre Popular
Reserva dos pavillóns, pista de pádel e piscina municipal »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English