O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino entregará as distincións aos mellores deportistas o xoves 31 de xullo no Concello

News

16/07/2025
16 Jul

Os galardoados nesta edición son o atleta Alexandre García, o nadador Hugo Cacheda, os integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e o conxunto escolar de xadrez // O goberno municipal busca apoiar estes novos deportistas dando a coñecer a súa traxectoria e os seus méritos na presente temporada //

O atleta Alexandre García Seijo, o nadador Hugo Cacheda Martínez, os integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e os xadrecistas Rubén Alonso, Martín González, Manuel Vidal e Noé Villar son as persoas mozas galardoadas na segunda edición dos premios que o Concello do Pino lle concede aos deportistas máis destacados durante a temporada.

Estes premios repartíronse por primeira vez en 2023 co obxectivo de dar a coñecer os méritos da xente nova do Pino que está destacando en competicións nacionais e autonómicas. O Concello do Pino, comprometido coa práctica deportiva facilitando medios para adestrar e competir, busca así o recoñecemento público dos novos deportistas como un xeito de acompañalos na súa traxectoria.

Os galardoados recollerán as distincións de mellores deportistas do Pino nunha cerimonia que se desenvolverá o xoves 31 de xullo na Casa do Concello, en base ao traballo que realizaron durante a presente temporada 2024/25.

Alexandre García, atleta de Lardeiros e integrante do Club Atletismo O Pino, leva conseguidos este ano tres subcampionatos galegos Sub-14 en 60 metros lisos, 80 metros lisos e 220 metros valados, ademais de clasificarse para o Campionato de España nas combinadas de 80 m lisos, 80 m valados e lanzamento de peso (3 Kg).

Hugo Cacheda, de Pedrouzo, milita no Club Natación Santiago e conquistou nada menos que tres ouros e outras tres pratas nos últimos autonómicos de categoría alevín. No Campionato Galego de verán en piscina olímpica foi campión en 50 costas e subcampión en 50 braza, 100 braza e 200 braza, mentres que no Campionato Galego de inverno foi campión de 200 braza e 100 braza, ademais de subcampión en 50 braza.

Yeray Barreiro, Rodrigo Sanjuás, Pedro Muñoz, Martín Giao, Santiago Mecías, Alexandre Fernández e Santiago Míguez son os xogadores do Pino que forman parte do equipo Estrela Supernova que, representando a Galicia xunto outros rapaces de Boqueixón e Friol, proclamouse campión de Europa de fútbol gaélico no Féile de Ámsterdam logo de facerse coa Copa Galega.

Por último, o Concello do Pino distingue tamén o equipo composto por Rubén Alonso, Martín González, Manuel Vidal e Noé Vilar, que logrou o terceiro posto da competición comarcal por equipos da Liga escolar Xogade.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino organiza un concurso de murais urbanos con motivo da Festa do Galo Piñeiro
A Xunta humanizará as rúas Mollados e Forcarei en Arca cun orzamento de 600.000 euros »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English