O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino destina 118.000 euros á senda peonil de Regas ao cruce de Casal e contará cunha achega da Deputación da Coruña de 94.500 euros

News

30/09/2026
30 Sep

No Pleno ordinario deste 30 de setembro tamén se prorrogou por un ano o contrato do SAF coa empresa O Espertar Servizos Sociais  ||  

 

 

O Pleno da Corporación do Pino aprobou hoxe o proxecto da senda peonil que vai de Regas ao cruce de Casal, que conta cun orzamento base de licitación de 118.158, 35 euros. A obra financiarase con fondos propios e cunha subvención nominativa da Deputación da Coruña de  94.526,68 euros, que tamén foi aceptada na sesión.

A obra consistirá na construción dunha senda peonil de 540 metros de longo por 1,8 metros de ancho, cunha campa de 15 centímetros de zahorra e 5 de aglomerado en quente que irá dende Regas ata o cruce de Casal. Esta senda conectará coa que xa está licitada e se construirá en breve dende o cruce de Casal ata o cruceiro da igrexa de San Breixo. Cando rematen estas dúas obras, darán continuidade a senda que actualmente vai dende a N-547, a altura do Casqueiro, ata a igrexa de San Breixo de Ferreiros.

A obra conta cun orzamento de 118.158 euros e, para a súa execución, o Concello conta cunha achega de 94.526 euros que foi aprobada pola Deputación da Coruña no Pleno do pasado 18 de setembro. O resto do importe, 23.632 euros, será asumido polo Concello do Pino con fondos propios

Tamén por unanimidade, a Corporación do Pino aprobou no Pleno de hoxe prorrogar por un ano o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coa empresa O Espertar Servizos Sociais SL, que foi a firma adxudicataria na licitación deste servizo, cun orzamento de 666.407 euros anuais.

A prórroga do contrato mantense nas mesmas condicións nas que foi adxudicado: cun prezo de  23,46 euros a hora de dependencia en días hábiles e sábados; 25,82 euros os domingos e festivos, e de 24,81 euros a hora de libre concorrencia.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino avanza na renovación do CPI Camiño de Santiago coa licitación da súa rehabilitación integral
Abre o prazo para solicitar as bolsas municipais de 300 euros para estudantado universitario e de FP superior »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English