- O Concello aproba un gasto de 2.100 euros para cubrir as achegas concedidas e xustificadas //
Logo de que as familias beneficiarias presentasen os xustificantes de gasto, o Concello do Pino publica a lista definitiva das axudas concedidas para compra de material escolar, informático e medidas de conciliación. As achegas, que superan os 2.100 euros, inclúense no POS+ adicional 1/2021 do Plan único de concello para gastos sociais extraordinarios.
A relación de alumnado beneficiado e o importe final das axudas pode consultarse no documento adxunto.
O Concello do Pino publica a lista definitiva de familias beneficiarias das axudas do municipio destinadas a compra de material escolar e informático e medidas de conciliación. Estas axudas, que ascenden a un total de 2.500 euros, forman parte do POS+ adicional 1/2021 do Plan único de concello para gastos sociais extraordinarios.
Das catorce solicitudes que optaron á convocatoria, e logo de que non se presentara ningunha alegación á listaxe provisional, quedaron aprobadas dez axudas e denegadas outras catro.
O prazo para presentar os xustificantes remata o vindeiro luns 15 de novembro. Ademais de incorporar o anexo III das bases, as persoas interesadas deberán facilitar o número de conta bancaria.
A relación de familias beneficiarias das axudas e o importe das mesmas pode consultarse no documento adxunto.
26 de outubro
A Xunta de Goberno Local do Concello de O Pino aprobou hoxe o listado provisional de axudas as familias do municipio destinadas a compra de material escolar e informático e medidas de conciliación. Estas axudas forman parte do POS+ adicional 1/2021 do Plan único de concello para gastos sociais extraordinarios
Das 14 solicitudes presentadas, e segundo recollen as bases da convocatoria, hoxe foron aprobadas provisionalmente a concesión de dez axudas, e denegadas outras catro.
A certificación do acordo e a relación de axudas concedidas e denegadas pódese consultar no documento adxunto.
O prazo de presentación de alegacións contra estes acordo comeza mañá e remata o vindeiro 10 de novembro.
O prazo de xustificación para poder cobrar estas axudas remata o 15 de novembro. Ademais de presentar o anexo III das bases, as persoas interesadas deberán facilitar o número de conta bancaria.
13 de setembro de 2021
O Concello de O Pino destina este ano 35.000 euros para axudar as familias a soportar os gastos derivados do comezo do curso escolar. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o extracto das bases das axudas para gastos que faciliten a escolarización, a compra de material escolar, informático, e para respiro familiar e medidas de conciliación. As familias poden solicitalas nun prazo de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP; isto é, a partir do martes 14 de setembro e ata o luns 27 de setembro.
Estas axudas contemplan tres liñas de apoio ás familias. A primeira é para a compra de material informático para alumnado de Primaria, ESO ou Bacharelato, que teñen un importe total de 15.000 euros. Neste caso, a axuda para acada alumno será dun máximo de 300 euros e a contía límite para a unidade familiar será de 500 euros.
A liña 2 está dirixida a sufragar os gastos que faciliten a escolarización no segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, cun importe total doutros 15.000 euros. A contía da axuda sería dun máximo de 200 euros por alumno (ata un límite de 300 por unidade familiar).
A terceira liña de axudas vai dirixida a apoios económicos para respiro familiar e medidas de conciliación, e contan con 5.000 euros. O máximo de axuda para unha unidade familiar será de 300 euros.
As axudas están destinadas a escolares integrados nunha unidade familiar que se atope en condicións socioeconómicas menos vantaxosas. Nas liñas 1 e 2 considérase a unidade familiar os núcleos de convivencia formados por nais, pais ou titores de menores de 18 anos empadroados no Concello do Pino e que residan no domicilio familiar.
Na liña 2, considérase a unidade familiar a formada por pai e nai non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, e os descendentes e ascendentes que figuren empadroados e residan no domicilio familiar.
No arquivo adxunto pódese consultar o extracto da convocatoria publicado hoxe no BOP, coas bases reguladoras de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do POS + Adicional 1/2021 do Plan Único de Concellos para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2021.