O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O Pino concederalle axudas as familias que teñan fillos coa idea de fomentar a natalidade

O Pino concederalle axudas as familias que teñan fillos coa idea de fomentar a natalidade

Novas

26-11-2021
26 Nov
  • O único requisito para recibilas é o empadroamento dun proxenitor e do bebé //
  • As achegas serán de 750 euros para o primeiro fillo e de 1.000 euros se ten algúns irmán //
  • As solicitudes poderán presentarse ao longo de todo o 2022 //

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a aprobación da ordenanza pola que o Concello do Pino convoca unha liña de axudas destinadas a fomentar a natalidade e o asentamento de poboación no municipio. Os beneficiarios serán as persoas ou parellas que teñan ou adopten unha filla ou fillo ao longo do ano 2022. As achegas oscilarán entre os 750 e os 1.500 euros por pequeno.

Para optar a estas subvencións, de concesión directa nun prazo máximo de tres meses dende que se presenta a petición, é condición necesaria que as persoas solicitantes máis o o seu fillo permanezan empadroados no Concello do Pino os cinco anos posteriores ao nacemento e tamén que un dos proxenitores estea censado dende polo menos nove meses antes da data do parto ou da adopción.

As axudas serán de 750 euros para o primeiro fillo, de 1.000 no caso de que xa teña irmáns e de 1.500 se teñen recoñecida algunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Nos partos múltiples e as adopcións de máis dun menor, dobraranse as contías. Os pequenos adoptados ou acollidos non poden superar os 3 anos.

As solicitudes, que poderán presentarse durante todo o ano 2022, presentaranse a través da sede electrónica do Concello ou no Rexistro municipal cubrindo o formulario correspondente e unha instancia dirixida ao alcalde.

Consulta as bases publicadas no BOP no arquivo adxunto.

Icon

Bases da convocatoria de axudas para fomentar a natalidade

1 file(s) 109.47 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Entra en vigor a nova ordenanza que regula a posesión de animais perigosos
Importes definitivos das axudas municipais para material escolar, informático e medidas de conciliación »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish