O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O Pino colocou dispensadores de xel na rúa e entregoulle outro a cada comercio aberto

O Pino colocou dispensadores de xel na rúa e entregoulle outro a cada comercio aberto

Novas

06-06-2020
6 Jun

A veciñanza do Pino que estes días percorre as rúas de Pedrouzo xa comezou a utilizar os dispensadores de xel hidroalcohólico que o Concello colocou nas beirarrúas, en diferentes puntos da capital. Operarios municipais remataron o venres de fixar estes aparellos, que se accionan cun pedal para evitar ter que tocalos.

Estes dispensadores de xel para a desinfección de mans colocáronse preto dos lugares máis transitados dos casco urbano, como supermercados, farmacias ou as illas de contedores soterrados da capital municipal.

Tamén onte pola noite rematouse o reparto dun dispensador de xel, cun depósito de 2 litros e unha garrafa adicional de 5 litros de xel para repoñer, a cada un dos comercios abertos no municipio que ten licencia de actividade, así como nas igrexas das trece parroquias. En total, o Concello mercou 100 dispensadores para o interior dos establecementos.

No caso daqueles locais ou comercio que están pechados, cando volvan abrir poderán solicitar na casa consistorial o seu dispensador de xel. Dende o Concello faráselle chegar un acada local que conte con licencia de actividade.

Con estas medidas, o equipo de goberno quere colaborar coa reactivación do comercio local, unha iniciativa que reforza coa edición dun vídeo publicado onte. Os protagonistas deste vídeo son os propios comerciantes, autónomos e emprendedores, que invitan a toda a veciñanza a “pensar na xente que tes máis preto” para saír xuntos desta pandemia.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino promociona o comercio local cun vídeo no que son protagonistas os autónomos locais
O Goberno de O Pino quere axudar con 100.000 € aos autónomos obrigados a pechar pola covid-19 »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English