O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino clausura os programas de conciliación do verán cunha festa chea de diversión e creatividade

News

05/09/2025
5 Sep

A xornada contou coa presenza do alcalde, Manuel Taboada, e dos concelleiros José Fuentes e Borja Castro || Inchables, espectáculos e un mural colaborativo puxeron o broche final á Escola de Verán e a Viaxando coa cativada ||

Festa de clausura da Escola de Verán 

O Concello do Pino celebrou hoxe, venres 5 de setembro, a festa de clausura da Escola de Verán nas instalacións exteriores do CPI Camiño de Santiago. O acto contou coa presenza do alcalde, Manuel Taboada, e dos concelleiros José Fuentes e Borja Castro, que compartiron cos nenos e coas familias unha xornada marcada pola alegría e a creatividade.

A festa foi o punto final non só da Escola de Verán, senón tamén do programa Viaxando coa cativada, iniciativas que durante estes meses ofreceron alternativas de lecer e de conciliación para numerosas familias do municipio. Os máis pequenos gozaron dunha tarde chea de enerxía nos inchables e tiveron a oportunidade de mergullarse no espectáculo Os ourizos, un conto de corresponsabilidade que fixo reflexionar a público de todas as idades.

As familias participantes tamén puideron descubrir, a través da decoración, o traballo e as creacións realizadas polos seus fillos ao longo do verán. Como colofón, nenos e maiores participaron na elaboración dun mural colaborativo que tiña como fío condutor a corresponsabilidade. A clausura converteuse así nun momento de encontro e celebración que deixou tras de si recordos, amizades e experiencias que acompañarán ás familias ata o vindeiro verán.

Festa de clausura da Escola de Verán

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« ‘Conciliamos Viaxando coa Cativada’ pecha con éxito a súa segunda edición
Programación deportiva municipal para o curso 2025-2026 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English