O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino celebra o sábado 12 de setembro a V Festa da Familia Papaventos

News

03/09/2026
3 Sep

A área recreativa da Madalena acollerá unha tarde de convivencia, xogos e diversión para todas as idades  ||

A programación comezará ás 16.00 horas cunha festa holi e incluirá obradoiros e xogos de cooperación  ||

‘Foto Foto’, ‘Charlatán Rodríguez’ e ‘Tachán!’ conforman o cartel de espectáculos desta quinta edición  ||

A festa está organizada polo Concello do Pino coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña  ||

 

A área recreativa da Madalena converterase o sábado 12 de setembro no escenario da quinta edición da Festa da Familia Papaventos. O Concello do Pino convida a pequenos e maiores a compartir unha tarde de convivencia, participación e diversión cun completo programa de actividades para todos os públicos.

A festa comezará ás 16.00 horas cunha explosión de cor grazas á festa holi. Ao longo da tarde tamén se desenvolverán obradoiros e xogos de cooperación, concibidos para fomentar a participación, o traballo en equipo e os momentos compartidos entre as diferentes xeracións.

Maxia, humor e teatro para toda a familia

O programa de espectáculos abrirase ás 16.30 horas con Foto Foto, de Dani García, unha proposta de maxia e ilusionismo protagonizada por un fotógrafo ambulante de hai máis dun século. Provisto dunha antiga cámara de fol e de maletas cheas de segredos, o personaxe tentará preparar cada retrato e atopar a luz perfecta, aínda que os obxectos cobrarán vida, as imaxes se rebelarán e cada fotografía acabará convertida nunha pequena aventura.

A maxia, o humor e o teatro xestual mestúranse nunha función na que o público, especialmente as nenas e os nenos, deixará de ser un simple espectador para pasar a formar parte do espectáculo.

Ás 18.00 horas chegará Charlatán Rodríguez, da compañía Rendos Pequeno. Cunha lingua afiada, os seus instrumentos afinados e un posto ateigado de remedios para todos os males, este singular vendedor ambulante tratará de convencer o público para que adquira menciñas que non necesita e solucións inútiles para problemas inexistentes.

A retranca, a música, a comedia, a maxia e a participación do público danse a man nesta proposta protagonizada por un charlatán que asegura saber sempre o que a xente quere escoitar.

Inventi Teatro pechará a programación ás 19.30 horas con Tachán!, unha divertida función para todos os públicos cargada de teatro, circo e maxia. Afogados polas débedas e pola precariedade inmobiliaria, os seus protagonistas deciden facerse coas pertenzas dun antigo circo e probar sorte no mundo do espectáculo.

Aínda que nada sairá exactamente como agardaban, contan cun poderoso recurso: a ilusión. Grazas a ela e á súa amizade inquebrantable, tentarán converterse nos artistas máis sorprendentes da pista nunha función única, incomparable e, sobre todo, imprevisible.

Unha tarde para compartir en familia

Coa celebración da súa quinta edición, a Festa da Familia Papaventos continúa medrando como unha cita destinada a favorecer o encontro entre a veciñanza e ofrecer propostas culturais e de lecer para todas as idades nun espazo natural privilexiado.

O Concello do Pino anima as familias a achegarse á área recreativa da Madalena e participar nunha tarde chea de cor, xogos, maxia, humor e teatro.

A V Festa da Familia Papaventos está organizada polo Concello do Pino e conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino pecha con éxito unha nova edición de Viaxando coa cativada tras oito xornadas de lecer educativo en distintos puntos de Galicia
O Pino celebra o domingo 20 de setembro a XXI Carreira Pedestre Popular »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English