O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino celebra o domingo 20 de setembro a XXI Carreira Pedestre Popular

News

07/09/2026
7 Sep

A proba terá a saída e a meta na praza de Forcarei, en Arca ||

As persoas participantes na categoría absoluta percorrerán oito quilómetros e as menores de seis anos, uns 340 metros ||

Haberá trofeos para os tres primeiros e as tres primeiras atletas de cada categoría e medallas para as categorías escolares ||

Forma parte do XII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña  ||

O Concello do Pino celebrará o domingo 20 de setembro a vixésimo primeira edición da Carreira Pedestre Popular, unha cita deportiva aberta a atletas de diferentes idades que volverá ter a saída e a meta na praza de Forcarei, en Arca.

A primeira saída darase ás 10.00 horas e corresponderá á categoría absoluta, cuxas persoas participantes deberán completar un percorrido de oito quilómetros. As seguintes probas desenvolveranse de maneira consecutiva ata as 12.10 horas, cando tomarán a saída as nenas e os nenos menores de seis anos, que percorrerán uns 340 metros.

Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a proba forma parte do XII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.  Coa organización colaboran tamen o Club Atlétismo O Pino e LR Fisioterapia.

A inscrición deberá facerse na web carreirasgalegas.com (neste enlace) antes das 23.59 horas do mércores 16 de setembro. Será gratuíta para categorías escolares (de Sub-6 a Sub-18) mentres que nas categorías de adultos (de Sub-20 a máster) deberán aboar 5 euros. A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) ata 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma paxina web da inscrición (neste enlace).

Na XXI Carreira Pedestre Popular do Pino poderán participar atletas federados e non federados, cunha única clasificación conxunta. O control das diferentes probas estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A diversidade de distancias e categorías permitirá que persoas de todas as idades formen parte da xornada, desde atletas adultos ata as nenas e os nenos que darán os seus primeiros pasos neste tipo de competicións.

Trofeos e medallas

O Concello do Pino entregará trofeos aos tres primeiros e ás tres primeiras persoas clasificadas das diferentes categorías, agás na Sub-6, na que non haberá clasificación nin premios.

Tamén recibirán un trofeo o primeiro e a primeira atleta local, empadroados no concello do Pino, das categorías escolares comprendidas entre Sub-8 e Sub-18. Os trofeos non serán acumulativos, salvo os correspondentes ás e aos atletas locais.

Todas as persoas participantes nas categorías escolares comprendidas entre Sub-6 e Sub-12 recibirán unha medalla como recoñecemento á súa participación.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino celebra o sábado 12 de setembro a V Festa da Familia Papaventos
O Pino estreita lazos con Xapón coa colocación dunha mouteira do camiño Shikoku Henro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English