O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino celebra este sábado a segunda edición da festa da familia

News

07/09/2023
7 Sep

A xornada iniciase ás 12.00 horas coa apertura dun espazo lúdico para toda a cativada ||

Os obradoiros de elaboración de marcapáxinas, adornos e de decoración de cristal fomentarán a imaxinación e a creatividades dos participantes || 

Haberá espectáculos teatrais, de música e de maxia que pecharán co concerto de Mamá Cabra || 

A festa celebrarase na área recreativa da Magdalena pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón de Lameiro || 

 

A área recreativa da Magdalena, en Castrofeito, acolle este sábado 9 de setembro a segunda edición da festa da familia O Papaventos organizada polo Concello do Pino. Pequenos e maiores compartirán xogos e obradoiros así como actuacións de teatro, de maxia e de música nunha xornada que incluirá ademais un espazo lúdico no que poderán participar todas as familias a partir das 12.

A axenda de citas e propostas desta segunda edición da Festa da Familia propón tamén o Papaventos Dourado, unha divertida busca do tesouro, así como unha factoría de obradoiros en familia que, entre as 12.30 e as 13.00 horas guiará, aos participantes na elaboración de marcapáxinas e na decoración de cristal.

O encontro das familias ofrecerá ademais diferentes espectáculos de teatro e de música. Pola mañá, as persoas asistentes poderán gozar a partir das 13.00 horas co Show de Fifo ‘Soño’, do grupo Troula Animación.

Despois chegará o momento de coller forzas e de xantar. Na carballeira de Castrofeito instalarase unha cantina e venderanse tamén rosquillas e xeados.

As actividades continuarán pola tarde. Ás 15.00 horas retómase a actividade coas propostas de xogos tradicionais da man da asociación Xotramu.

Xa as 16.00 horas, Inventi Teatro porá en escena o espectáculo de teatro de rúa ‘A Tropa do Doutor Milagre’, dando paso ás 17.00 horas á actuación de ‘Galdaka, a maxia detrás do cristal’ de Dani García, unha micro-obra de maxia pensada para o desfrute das familias. A acción céntrase nunha pequena caseta de feira, á que pequenos grupos familiares poden achegarse para vivir unha experiencia  máxica.

Para os máis creativos, a Festa da Familia ofrece tamén obradoiros na sesión vespertina. Os adorno de papaventos, a elaboración de marcapáxinas e a decoración en cristal serán as actividades que se poderán levar a cabo de novo a partir das 17.00 horas.

Pero non acaba a festa. Na primeira edición a Festa Holi foi un dos momentos máis divertidos e, por iso, repetirase este sábado dende as 19.00 horas.

A xornada de troula, de convivencia e de risos baixará o pano coa actuación de Mamá Cabra. Dende as 19.30 horas, a área recreativa da Magdalena acolle este espectáculo participativo e didáctico no que a cativada e as familias poderán cantar e bailar os temas máis populares deste grupo con máis de quince anos de traxectoria.

Será un peche espectacular para un día cheo de festa, xogos e moita diversión.

O Concello do Pino informa de que, en caso de choiva, a Festa da Familia trasladarase ata o pavillón polideportivo de Lameiro.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Carreira Popular do Pino celebra a súa maioría de idade o día 24 con saída e meta na praza de Forcarei
Pequenos e maiores gozaron cos xogos e espectáculos da Festa da Familia O Papaventos »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English