A cita recibiu milleiros de persoas consolidándose como un evento clave en Galicia ||
Belén do Campo, delegada da Xunta na Coruña, exerceu como pregoeira e destacou a importancia gastronómica, cultural e etnográfica da festa ||
Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública, xunto a outras autoridades, apoiaron o evento coa súa presenza ||
A degustación de máis de 150 quilos de galo piñeiro foi un dos momentos máis saborosos da festa ||
Un milleiro de persoas participaron no xantar popular ||
Os mellores exemplares de galiñas e galos piñeiros foron galardoados, destacando o criador Javier Ares ||
O Concello de O Pino celebrou con grande éxito a XXIII Festa do Galo Piñeiro e a Mostra Cabalar, un evento que volveu atraer a milleiros de visitantes e consolidar a súa importancia como unha das festividades máis destacadas de Galicia. Esta celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, destacou un ano máis pola súa riqueza cultural e tradición, así como pola participación activa da comunidade local e visitantes, como se pode ver no vídeo resumo da festa
As celebracións comezaron na tardiña do sábado coa espectacular exhibición de Freestyle Motocross protagonizada por Pedro Moreno e Greg Rowbottom e o emotivo concerto conxunto da Banda de Música de Arca e do grupo Ailá. Foi unha primeira xornada memorable.
Xa o domingo, O Pino converteuse nun punto de encontro para amantes da avicultura e dos cabalos. A festa permitiu aos asistentes admirar medio cento de exemplares de galos e galiñas piñeiras, criados en O Pino e noutros municipios galegos. Un galo de Javier Ares foi galardoado como o mellor exemplar, un criador que amosou o seu bo facer ao gañador en varias categorías, entre elas mellor criador e o mellor galo piñeiro ancestral.
A delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo Piñeiro, exerceu este ano de pregoeira e na súa intervención destacou a importancia desta festa “gastronómica, cultural e etnográfica”. “Somos unha comunidade unida pola tradición e polo afecto. As nosas protagonistas de hoxe son a galiña e o galo piñeiro que se converteron en símbolo deste recuncho do mundo”, engadiu Belén do Campo quen insistiu no labor conxunto do Concello, dos criadores e da veciñanza de O Pino en xeral para que “de ser unha especie en perigo de extinción pasou a ser unha garantía de calidade que transcendeu das nosas fronteiras”.
O alcalde Manuel Taboada eloxiou o agarimo amosado por Belén do Campo e deu as grazas a todos os compañeiros visitantes, a todas as persoas que traballaron para que a festa sexa un éxito, e especialmente á Asociación Galiña Piñeira (AGALPI) segue buscando o recoñecemento institucional “sen a que non sería posible que estas festas saíran adiante” así como aos criadores de cabalos.
O evento contou coa presenza de numerosas autoridades da contorna, incluíndo ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; á directora xeral de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez; aos alcaldes de Boqueixón, Frades, Oroso e Teo; así como a concelleiros de Rois e Teo e representantes do Partido Popular de Touro e Arzúa.
Premios aos mellores galos e galiñas
Ao mediodía, entregáronse os prestixiosos galardóns aos mellores exemplares de galiñas e galos piñeiros expostos en O Pino, unha raza singular para a que a Asociación Galiña Piñeira (AGALPI) segue buscando o recoñecemento institucional.
Entre os premiados, destacaron o primeiro premio para a galiña de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; de Raza Piñeira Branca para Carmen Barral; ao mellor animal monográfico para Óscar Rodríguez; ao mellor criador de Piñeira para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Branco para Óscar Rodríguez e ao mellor Calo de Curral para Carmen Barra.
Esta edición da Festa do Galo Piñeiro reafirma a importancia de preservar e promover as razas autóctonas galegas, celebrando a súa contribución ao patrimonio cultural e gastronómico da rexión.
Degustación de galo piñeiro e xantar popular
A celebración continuou coa sesión vermú, amenizada por Eme Music, que incluíu unha degustación de máis de 150 quilos de galo piñeiro. A continuación, o multitudinario xantar popular preparado polo Restaurante a Magdalena contou como non podía ser doutra forma co galo como un dos protagonistas do menú.
Actividades e Feira de Artesanía
A Feira de Artesanía no Camiño, celebrada na praza de Forcarei, ofreceu durante toda a xornada produtos feitos a man, talleres de demostración e actividades participativas para todas as idades. As rúas de O Pino vibraron coas actuacións da Charanga NBA, a animación da rúa co ‘Mini Festival Circense’ e ‘Hose si’ de Sempre arriba, complementadas con postos de alimentación e foodtrucks e a zona infantil.
Mostra cabalar
En paralelo á Festa do Galo Piñeiro, a tradicional Mostra Cabalar desenvolveuse ao longo de toda a xornada, congregando un cento de equinos que participaron en diversos concursos morfolóxicos. A Mostra Cabalar é unha cita indispensable para os amantes dos cabalos e a súa crianza, ofrecendo unha plataforma para exhibir a beleza e a habilidade destes animais.
A última hora da tarde, entregáronse os recoñecementos aos mellores exemplares, destacando entre eles o prestixioso Premio Faísca, outorgado ao mellor cabalo de pura raza española nacido e criado en Galicia. O animal gañador non só recibiu este alto honor, senón que tamén será o protagonista da imaxe oficial da Mostra Cabalar 2025, un recoñecemento que subliña a súa excelencia.
O alcalde, Manuel Taboada, acompañado polos concelleiros e concelleiras José Manuel Carreira, Gerardo Pintor, Eva Varela, José Fuentes, Borja Castro, e o portavoz do PP en Arzúa, Rafael Rivadulla, foron os encargados de entregas os galardóns.
A relación de galardoados foi a seguinte:
PREMIO ESPECIAL FAISCA
Canela, de Gandería Barcia (Cuntis)
PREMIO ESPECIAL AOS MELLORES MOVEMENTOS
Pimpón JB, de Patiño Guillán (Vilagarcía)
PROBA DE ARRASTRA
1º Aurita, de José Luis Barreiro (Santiago)
2º Azara, de Luis Sixto (Santiago)
3º Ailet, de Alberto Fonao (Santiago)
PROBA DE TROTE
1º África, de Lucas García (Melide)
2º Moro, de José Mella (Toques)
3º Branca des Llorer, de Álvaro Irimia (O Pino)
EGUAS P.R.E. 5 E MÁIS ANOS
1º Mc Revoltosa, de Gandería Neira García (O Pino)
2º Gala CH, de Fernando Cebeiro (Teo)
3º Trufa Tou, de Gandería Touceda (Teo)
CABALOS P.R.E. 5 E MÁIS ANOS
1º Quirico PG, Yeg. Patiño (Vilagarcía)
2º Ald Defensor, de Gand. Neira García (O Pino)
CABALOS INDEFINIDOS
1º Vanidoso, de Serafín Touceda (Valga)
2º Marques, de Patiño Guillán (Vilagarcía)
3º Roncero JM, de Miguel Touceda (Valga)
POLDRAS P.R.E. 1-2 ANOS
1º Fabulosa, Yeg. Piorno (Teo)
2º Golosa do Val, de Gand. Bestiñeiro (A Estrada)
POLDROS P.R.E. 1-2 ANOS
1º Pimpon JB, Patiño Guillán (Vilagarcía)
2º Silencio de Ribas, de Ismael Ribas (Ribeira)
POLDRAS P.R.E 3-4 ANOS
1º Canela, de Gand. Barcia (Cuntis)
2º Seni Medina, de Gand. Miguez (Val do Dubra)
3º África CLXXV, de J. Antonio Pereira (Santiago)
POLDROS P.R.E. 3-4 ANOS
1º Disgustadi, de Yeg. Golán (Teo)
2º Scala VM, de Yeg. Piorno (Teo)
3º Manacor Tou, de Yeg Touceda (Teo)
EGUAS PERCHERONAS
1º Azahara, de Luis Sixto (Santiago)
2º Macarena, de Gand. Andrés Sixto (Santiago)
3º Ailet, de Alberto Fontao (Santiago)
CABALOS PERCHERONS
1º Rabito, de J. Peña (Boqueixón)
2º Tor, de Gand. Hermanos Capis (Santiago)
3º Pizarro, de Victor (Curtis)
POLDRAS INDEFINIDAS
1º Montera BB, de Gand. Bestilleiro (A Estrada)
2º Dora, de José Antonio Pereira (Santiago)
3º Luz Tou, de Yeg. Touceda (Teo)
POLDROS INDEFINIDOS
1º Kaisser, de Armando Mosquera (O Pino)
2º Terror RR, de Gand. Bestilleiro (A Estrada)
EGUAS INDEFINIDAS
1º Tequila CS, de Fernán Cebeiro (Teo)
2º Gala MR, de Gand. Miguez (Val do Dubra)
3º Valeira, de Curros Dosantos (Lestedo)
A xornada culminou con probas emocionantes de arrastre e doma, seguidas dun espectacular show ecuestre a cargo de Paco Martos Horse Show. Este xinete cordobés, recoñecido polas súas extraordinarias habilidades sobre o cabalo e a súa profunda sabedoría como adestrador equino, pechou o evento con unha actuación que deixou abraiados a todos os presentes.
A Mostra Cabalar volveu demostrar por que é unha das atraccións principais da Festa do Galo Piñeiro, celebrando a excelencia equina e proporcionando un día cheo de emoción e beleza para todos os asistentes.