O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O Pino cancela actividades, atenderá por teléfono no concello e mantén o Servizo de Axuda no Fogar e o de Xantar na Casa

O Pino cancela actividades, atenderá por teléfono no concello e mantén o Servizo de Axuda no Fogar e o de Xantar na Casa

Novas

13-03-2020
13 Mar

Á vista da evolución do coronavirus COVID-19, que está supoñendo a adopción de medidas de contención  extraordinarias  por parte das  autoridades de saúde pública, que inclúen, entre outras, o peche de centros educativos e de atención a maiores, o Concello de O Pino considera preciso a adopción  de medidas que preserven a protección da saúde, tanto dos empregados públicos, como dos usuarios das distintas actividades municipais.

Tendo en conta a resolución de data 1O de marzo do Secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública, así como das derivadas da Xunta de Galicia, o alcalde de O Pino acaba de asinar un bando no que se resolve.

O cese de todas as actividades de carácter municipal, tales como as actividades culturas, educativas, deportivas, de ocio, de maiores, etc., que sexan realizadas ou promovidas polo Concello de O Pino.

Adicionalmente adoptaranse as medidas que  sexan necesarias no ámbito da administración xeral municipal (conforme aos criterios que se determinen), en relación coas empregadas e empregados públicos e as veciñas e veciños usuarios destes servizos xerais.

Tanto o Servizo de Xantar na Casa como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) seguiranse prestando como se viña facendo ata o momento.

Respecto da atención ao público nas dependencias municipais farase preferentemente por teléfono, chamando ao 981 511 002 ou por vía telemática na sede electrónica do Concello de O Pino (https://sede.opino.gal). A atención presencial na casa consistorial limitarase só a casos de urxencia ou extrema necesidade, e será preciso concertar previamente cita a través dunha chamada telefónica.

As presentes medidas de carácter organizativo  terán  o carácter temporal de 14 días naturais, e revisaranse ao finalizar este prazo, podendo ser prorrogadas segundo determinen as autoridades competentes.

Dende o Concello recoméndase ás asociacións e entidades ser especialmente coidadosas coas recomendacións anteriores durante os próximos días, e non facer viaxes e desprazamento que non sexan imprescindibles.

Tamén se recomenda non visitar os centros de maiores, hospitais e centros médicos agás casos de extrema necesidade.

Lavar con frecuencia mans e cara con auga e xabón, e evitar no máximo posible o contacto físico, especialmente con persoas dos grupos de risco, son outras das recomendacións das autoridades sanitarias que aparecen recollidas no bando.

O alcalde recorda que o teléfono de información á cidadanía sobre o coronavirus é o 900 400 116. Só en casos graves e urxentes é recomendable chamar ao 061.

O alcalde prégalle á veciñanza que colabore para evitar a propagación deste virus, evitando toda a situación de risco e cumprindo coas indicacións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade.

Para solicitar información xeral sobre o novo coronavirus, a Xunta de Galicia pon a disposición da poboación o teléfono gratuíto 900 400 116. Así mesmo, neste enlace pódese consultar toda a información que están a ofrecer as autoridades sanitarias de forma actualizada.

Na seguinte imaxe pódese ver un resumo das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para conter a propagación do coronavirus.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino suspende as actividades deportivas e socioculturais municipais
Paralizados os prazos de renovación da Risga, do paro e das pensións non contributivas »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English