O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Abren as inscricións para participar no Pino Aventura o sábado 31 de maio en San Miguel de Pereira

News

15/05/2025
15 Mai
  • Trátase dunha proposta gratuíta que pon a proba a orientación e os coñecementos dos participantes //

  • Poden participar de balde equipos de entre 2 e 6 persoas maiores de 8 anos //

  • Fomenta o espíritu de equipo, a práctica de exercicio ao aire libre e o coñecemento das paraxes do municipio //

Tralo éxito das pasadas edicións, o Concello do Pino abre o prazo de inscrición para a IV O Pino Aventura, unha actividade que pon a proba o sentido de orientación e os coñecementos dos participantes coa idea de fomentar o espírito de equipo, a práctica de exercicio ao aire libre e a promoción das paraxes do municipio. Esta proposta, deseñada para adultos e rapazada a partir de 8 anos, está organizada polo Concello do Pino en colaboración con Territorio Comanche, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

A cuarta edición de O Pino Aventura desenvolverase o sábado 31 de maio e se iniciará ás 11.00 horas no campo das festas de San Miguel de Pereira. As persoas participantes, organizadas en grupos de entre 2 e 6 persoas, deberán seguir un percorrido orientándose coa axuda dun mapa para ir atopando, e resolvendo, diversas probas físicas, de lóxica e de coñecemento. Cada proba superada permitirá gañar unha determinada puntuación; proclamarase campión o equipo que consiga o máximo número de puntos dentro do tempo establecido como límite.

O Pino Aventura contempla dúas categorías: Pequen@s Piñeir@s, reservada para os grupos nos que haxa, polo menos, un menor de 12 anos; e Explorador@s Piñeir@s para os equipos nos que todos os seus membros sexan maiores desa idade.

A participación é gratuíta. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición e presentalo por sede electrónica (opino.sedeelectronica.gal) ou presencialmente no rexistro xeral do Concello. A data límite é o mercores 28 de maio. O formulario pódese cubrir e descargar nesta ligazón. Para calquera dúbida, pódese chamar ao teléfono 981 51 10 65 ou enviar un correo electrónico a cultura@opino.gal.

É importante lembrar que cada equipo deberá proporcionar os seguintes datos: nome do equipo, teléfono de contacto e nome completo con data de nacemento de cada integrante. No caso de menores de idade, será necesaria unha autorización do pai, nai ou titor/a.

O Pino Aventura é unha proposta organizada polo Concello do Pino en colaboración con Territorio Comanche, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino acolle un ciclo de obradoiros prácticos de capacitación dixital
O Pino móvese coas Letras Galegas cunha andaina polo Camiño Francés e xogos para toda a familia »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English