O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino atendeu a máis de seis mil peregrinos nos puntos de información turística este verán

News

08/10/2018
8 Out

Os dous puntos de información turística do Concello do Pino recibiron durante este verán a visita de 6.224 peregrinos na busca de información sobre o Camiño de Santiago e os atractivos do municipio e da bisbarra. A oficina de turismo local, situada no Centro Sociocultural Luis Seoane, contou neste período estival co apoio doutra localizada ao carón do albergue público de Arca.

Dous técnicos de turismo atenderon estes puntos de atención, que rexistraron un total de 6.224 turistas dende o 15 de xuño ata o 30 de setembro. O 67% dos peregrinos que visitaron estas instalacións proviñan de España, sendo Andalucía e Madrid as comunidades autónomas con máis representación. No que se refire aos peregrinos estranxeiros, o 26% deles foron italianos, seguidos polos alemáns, cun 10%.

A información mais demandada foi a referida aos detalles sobre a derradeira etapa do Camiño de Santiago. O obxectivo principal do Concello coa apertura deste servizo foi o de facilitar a estancia e o tránsito dos peregrinos e peregrinas polo municipio, tendo en conta que cando os camiñantes chegan ao Pino levan moitos quilómetros enriba e están esgotados.

Os puntos de información permaneceron abertos durante os meses de verán, dando servizo na temporada de máis afluencia de visitantes. A oficina situada xunto ao albergue pechou o 30 de setembro, mentres que a localizada no Centro Sociocultural Luis Seoane seguirá atendendo aos peregrinos ata o mes de decembro.

O Concello do Pino contou co financiamento da Xunta de Galicia e máis da Deputación da Coruña para contratar aos dous técnicos de turismo.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Xornadas informativas sobre a revisión catastral os días 3, 4 e 5 de outubro
A VII Ruta BTT Concello de O Pino será o día 20 pola tarde »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English