O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino aproba o plan estratéxico de subvencións e pide rebaixar ás peaxes e a transferencia da AP-9

News

31/03/2021
31 Mar
  • A moción sobre a autoestrada foi aprobada cos votos a favor do PP e do BNG e en contra do grupo socialista  ||  

  • Rexeitada a rebaixa parcial do recibo do lixo de 2020 aos comercios que estiveron pechados  ||  

  • Ratificadas as axudas para o sector da hostalaría  ||  

O Pleno da Corporación do Pino aprobou hoxe por unanimidade o plan estratéxico de subvencións do concello para os vindeiros tres anos. Cos votos a favor de PP e BNG, e en contra do PSdeG, aprobouse a moción do goberno local solicitando a aplicación inmediata de rebaixas nas peaxes da AP-9 e a transferencia da autoestrada á Xunta de Galicia.

Cos votos en contra do equipo de goberno local rexeitouse a devolución parcial da taxa de recollida do lixo aos establecementos e comercios que tiveron que pechar durante o ano pasado por mor da pandemia. A moción foi presentada polo PSdeG e contou co apoio do BNG. O alcalde argumentou a negativa do PP a este iniciativa porque xa se rebaixou a taxa do lixo nun 10% para toda a veciñanza do municipio, e porque o sector da hostalaría puido incluír estes gastos tanto nas axudas que sacou o concello como as promovidas por outras administracións.

Coa abstención do PSdeG, o equipo de goberno e o BNG ratificaron as bases de axudas á hostalaría que aprobou recentemente a Xunta de Goberno Local.

Tamén por unanimidade, a Corporación do Pino aprobou solidarizarse hoxe coas reclamacións do persoal da UCI de adultos do Hospital Clínico e solicitarlle á Consellería de Sanidade que poña en marcha medidas para mellorar as condicións de traballo do persoal sanitario e solucionar as carencias deste servizo, como solicitaba a moción presentada polo BNG.

O grupo socialistas retirou a moción para limpar a sinalizar a senda do Picón, despois de que o alcalde se comprometera a reformular o trazado da mesma por terreo público. “Esta ruta marcouse hai máis de trece anos e hai veciños que advertiron hai tramos que ocupan terreos privados”, dixo Manuel Taboada.

O Concello vai acometer unha actuación urxente na estrada de Bama, para arranxar o firme ata que non se acomete unha acción máis ampla nesta vía, que está incluída no Plan complementario do POS+ 2020. Este anuncio favoreceu que os socialistas retiraran a moción que tiñan presentado ao respecto.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino súmase a loita contra a avespa velutina repartindo mil trampas entre a veciñanza
Os títulos da parcelaria de Budiño entregaranse no local social entre o luns e o mércores »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English