O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino aproba as tarifas do abastecemento de auga, rede de sumidoiros e saneamento

News

11/11/2025
11 Nov

Afecta a preto de oitocentos abonados no municipio conectados a traída de auga municipal   ||  

Establécese unha cota fixa mensual e unha tarifa por subministración e saneamento en función do consumo, e outra por conservación do contador  ||  

O punto aprobouse cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSdeG  ||  

O Pleno da Corporación do Pino aprobou en pleno extraordinario as tarifas para o abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e saneamento daqueles fogares, negocios e industrias que están conectados á traída de auga municipal nas parroquias de Arca, Castrofeito e Cebreiro. Son uns 671 abonados de uso doméstico e outros 120 de uso non doméstico.

As tarifas aprobadas onte aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 2026 e contemplan unha tarifa fixa e outra polos metros cúbicos consumidos, tanto para a subministración coma para o saneamento e sumidoiros. A proposta foi aprobada cos votos a favor do equipo de goberno do PP e do BNG e a abstención do PSdeG. A ordenanza publicarase do BOP e estará a exposición pública durante 30 días naturais.

A ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter público non tributario correspondente ao servizo de subministración de auga potable, sumidoiros e saneamento contempla tarifas diferencias para os abonados domésticos e non domésticos. As tarifas abonaranse trimestralmente.

No caso dos fogares establécese unha cota fixa mensual de 6 euros, e unha variable en función do consumo de 0,20 €/metro cúbico (para consumos de ata 6 m3/mes), de 0,40 € (de entre 7 e 15 m3/mes) e 0,80 € (máis de 15 m3/mes). Para abonados non domésticos (oficinas, negocios, industrias) a ordenanza establece unha cota mensual de 12 euros e unha variable de 0,40 €, 0,80 € e 1 euros para os mesmos tramos de consumo.

A conservación do contador terá unha cota de 1,50 €/mes para abonados domésticos e de 2,50 €/mes para non domésticos.

A tarifa de sumidoiros e saneamento aplicarase tamén en función do consumo de auga. A tarifa doméstica contempla un fixo mensual de 11 euros, e variable de 0,50 €, 0,70 € e 0,95 euros en función do consumo. Para abonados non domésticos os prezo son de 22 euros mensuais fixos e variables de 0,70, 0,95 e 1,30 euros para os tres tramos de consumo establecidos.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello instala dous minipuntos limpos grazas a unha subvención para a mellora da recollida separada de residuos
Manuel Taboada inaugura a exposición que repasa no Pino 2.500 anos de historia da minería en Galicia »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English