O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino aposta polo fermosismo cunha achega de 24.000 euros da Xunta para mellorar as fachadas da casa consistorial

News

21/03/2022
21 Mar

O director do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta, acompañado polo alcalde, visitou a casa do Concello que foi pintada recentemente  ||  Enrique de Salvador salientou o compromiso de entidades locais e particulares coa protección da paisaxe e avanza que o IET está analizando as solicitudes recibidas este ano  ||  Manuel Taboada agradece a axuda do Goberno autonómico e sinala que tamén se vai mellorar a escola unitaria de Lardeiros  ||  Dous veciños do Pino recibiron outros 6.000 euros dentro desta mesma liña de axudas para mellorar as súas propiedades

Manuel Taboada, centro, e Enrique de Salvador, esquerda, durante a visita a casa consistorial do Pino

 

O director do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, Enrique de Salvador, subliñou esta mañá  a aposta do Concello do Pino por implantar a cultura do fermosismo neste municipio, un obxectivo no que se enmarca a intervención executada recentemente sobre a fachada da casa consistorial grazas a unha axuda de 24.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

No marco dunha visita ao edificio do Concello, Enrique de Salvador, felicitou ao alcalde, Manuel Taboada, pola actuación levada a cabo e por aproveitar a primeira convocatoria da orde de axudas para corrección de impactos paisaxísticos en edificios, dependencias e equipamentos públicos municipais.

Manuel Taboada agradeceu a colaboración do Goberno autonómico con “esta liña de axudas que serve para acabar co feísmo no territorio”, e destacou que con esta achega, a casa consistorial do Pino mellorou notablemente a súa imaxe. Taboada engadiu que con esta mesma liña de axudas, O Pino vai mellorar o exterior da escola unitaria de Lardeiros.

En concreto, a intervención acometida na sede consistorial consistiu no adecentamento das catro fachadas do edificio, sobre as que se levaron a cabo tarefas de repintado e limpeza co fin de renovar e mellorar a súa imaxe exterior.

Tras lembrar o “éxito” co que se saldou a convocatoria destas axudas en 2021 —esgotando os 800.000 euros dispoñibles—, o director do IET salientou que grazas a este programa a Xunta axudou xa a 66 concellos a “protexer a paisaxe” da súa contorna, corrixindo ou mitigando os efectos causados por unha deficiente conservación ou polo paso do tempo en determinados inmobles, edificios e equipamentos de titularidade municipal.

Neste sentido, explicou que no marco da orde de axudas para corrección de impactos paisaxísticos dirixida a particulares tamén houbo dous veciños do Pino que recibiron unha subvención da Xunta —por un importe total de 6.000 euros— para executar intervencións destinadas a mellorar o aspecto exterior das súas propiedades.

Por último, avanzou que, na actualidade, o Instituto de Estudos do Territorio está a analizar as solicitudes recibidas este ano ao abeiro da segunda convocatoria das ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos dirixidas a concellos e a particulares.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Trail comarca do Ulla-Tambre celébrase o 3 de abril entre Touro e O Pino
Admítense todas as solicitudes para o campamento de Semana Santa »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English