O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino activa unha campaña de visibilización e formación para conmemorar o 25N

News

21/11/2025
21 Nov

A mensaxe ‘Non é mulleres contra homes. É todo o mundo contra o maltrato’ centra a campaña deste ano ||

Bandeirolas, paneis e actividades formativas dirixidas ao alumnado de 4º da ESO forman parte do programa municipal ||

O Concello do Pino desenvolve estes días varias iniciativas con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O obxectivo é reforzar a conciencia social e promover a implicación da veciñanza na defensa da igualdade.
As rúas do municipio incorporan bandeirolas e carteis coa mensaxe Non é mulleres contra homes. É todo o mundo contra o maltrato así como pancartas que reforza esta liña de visibilización.
Na entrada da Casa Consistorial instalouse ademais un panel de gran formato con diferentes frases que convidan á reflexión. Estas intervencións forman parte da campaña de sensibilización impulsada polo municipio ao longo destas datas.
O luns día 24 terá lugar unha acción dirixida aos centros educativos. O alumnado de 4º da ESO participará na actividade Hai saída grazas a ti. A sesión contará cunha duración aproximada de noventa minutos e combinará debates, dinámicas participativas e contidos específicos sobre a violencia de xénero, os seus tipos, os mitos asociados e as consecuencias que produce. Inclúense actividades para identificar relacións sans e sinais de alerta, ademais de información sobre recursos e orientación ante posibles situacións de risco.
Con estas iniciativas o Concello busca educar, visibilizar, ofrecer ferramentas prácticas á mocidade e fomentar espazos de participación que contribúan a unha comunidade máis igualitaria e segura, consciente da importancia de erradicar a violencia de xénero.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino incrementa a contía dos premios no II Concurso de Decoración de Nadal
Actuacións financiadas polo POS+ da Deputación da Coruña no Concello do Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English