O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Pino abre a inscrición en ximnasia por parroquias e nas actividades deportivas municipais para escolares e persoas adultas

News

12/09/2024
12 Set

As clases comezan o martes 1 de outubro e o prazo para inscribirse remata o día 11  ||  

A rapazada pode elixir entre patinaxe, ximnasia rítmica, bádminton, e fútbol sala  ||  

Psicomotrocididade, baile moderno e multideporte ofértanse a través da ANPA do CPI subvencionadas polo Concello  ||  

Zumba, GAP e forza, pilates e ioga comprenden a oferta para maiores de 16 anos  ||  

As persoas maiores poden manterse activas nos locais sociais de Pastor, Castrofeito, Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño  ||  

Apertura de inscrición nas actividades deportivas e na ximnasia por parroquias

A veciñanza do Pino xa pode elixir entre unha ampla e variada oferta de actividades deportivas para manterse en forma durante o presente curso escolar, que está dirixida a persoas de todas as idades. O Concello abre hoxe o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais e nas actividades deportivas para persoas adultas, que se van desenvolver nos polideportivos de Reboredo (centro escolar) e Lameiro e máis no centro sociocultural Luis Seoane. As clases comezarán o vindeiro martes 1 de outubro e a matrícula pode formalizarse ata o día 11.

A proposta tamén inclúe ás persoas maiores, que poderán manterse activas formalizando a inscrición no programa ximnasia por parroquias nos locais sociais de Pastor, Castrofeito, Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño.

Un ano máis, o Concello vai ofertar multideporte, baile moderno e psicomotricidade de 15.30 a 16.30 horas (excepto os martes) para facilitar a conciliación ás familias con menores escolarizados no CPI Camiño de Santiago, segundo adiantou o alcalde, Manuel Taboada. Deste xeito, as familias que non poidan recoller aos menores as 15.30 horas (momento no que rematan as clases ), poden apuntar aos seus fillos e fillas a estas actividades, que se van desenvolver na sala de usos múltiples do centro escolar e no polideportivo de Reboredo, a carón do colexio, ata las 16.30 horas, momento no que saen os autobuses do transporte escolar.

Aínda que estas actividades que se desenvolven de 15.30 a 16.30 horas están financiadas polo Concello, as familias deben inscribir aos menores a través da ANPA do CPI Camiño de Santiago, ao tempo que se anotan nas actividades que organiza a propia Asociación de Nais e Pais. Para o resto de actividades deportivas municipais poden cubrir os formularios que figuran na páxina web do Concello.

As escolas deportivas municipais funcionarán entre outubro e maio en sete disciplinas: patinaxe artística (cinco niveis), ximnasia rítmica, psicomotrocidade, baile moderno, bádminton, multideporte e fútbol sala. A maioría das clases terán horario de tarde de luns a venres. Só ximnasia rítmica ten programada unha hora os sábados pola mañá, de 11.00 a 12.00, en Lameiro.

O prezo será de 40€ anuais por actividade para menores empadroados e de 60€ para non empadroados. O segundo e sucesivos irmáns así como a realización de máis dunha actividade contarán cunha bonificación do 50%.

As actividades deportivas para adultos, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, prolongaranse ata o 30 de xuño de 2025. Poderán escoller entre zumba; glúteos, abdominais, pernas (GAP) e circuítos de forza; pilates ou ioga. Estas disciplinas desenvolveranse no polideportivo de Lameiro, salvo ioga, que se imparte no centro sociocultural Luis Seoane. O prezo será de 55€ anuais por actividade para empadroados e de 75 para non empadroados. Pola segunda actividade e sucesivas pagarase a metade.

Por último, ximnasia por parroquias, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, terá un prezo de 45€ ao ano para persoas empadroadas e de 90€ para non empadroadas. As clases rematarán o 30 de xuño.

Para inscribirse nas actividades deportivas é necesario cubrir o formulario de solicitude e presentalo no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica. Deberá acompañarse do xustificante de ingreso da cota correspondente a cada actividade e do certificado de empadroamento, no caso de contar con bonificación por este motivo. A solicitude pode descargarse na web municipal ou solicitarse na sede do Concello de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas.

De precisar máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento municipal de Deportes no enderezo electrónico deportes@opino.gal ou no número de teléfono 981 511 002.

A posta en marcha das actividades está supeditada á existencia dun mínimo de 8 participantes en cada unha delas.
Icon

Menores. Inscrición escolas deportivas municipais

1 file(s) 311.86 KB
Download
Icon

Persoas adultas: inscrición actividades deportivas

1 file(s) 672.87 KB
Download
Icon

Actividades deportivas. Documento de pago

1 file(s) 341.33 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abre a inscrición das actividades culturais para persoas adultas e menores
A terceira Festa da Familia Papaventos encheu este sábado a área recreativa da Madalena »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English