O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O goberno de O Pino reduce as dedicacións a dúas e mantén os salarios da anterior lexislatura

News

11/07/2019
11 Jul

O equipo de goberno de O Pino reduce de tres a dúas as dedicacións exclusivas para a presente lexislatura e mantén os mesmos salarios do pasado mandato, segundo se aprobou no pleno de organización desta mañá cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG. No pleno tamén se aprobou celebrar sesións ordinarias o último mércores de cada trimestre ás 10.00 horas e crear a xunta de goberno local, que se reunirá cada quince días, puntos nos que a oposición votou en contra.

Nesta lexislatura tamén haberá unha asignación anual para os tres grupos políticos da Corporación (PP, PSdeG e BNG), que será de 300 euros fixos, máis outros 800 euros anuais por cada concelleiro integrado no mesmo; así como as indemnizacións por asistencias a plenos (120 euros), a xunta de goberno local e a comisión especial de contas (200 euros). Estes puntos aprobáronse co voto a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG.

Polo que respecta as dedicacións exclusivas, o equipo de goberno contará só con dúas (eran tres no anterior mandado), que quedaron asignadas ao alcalde e a concelleira de Educación e Cultura, que cobrarán 40.000 e 20.605,06 euros brutos anuais distribuídos en catorce pagas, o mesmo salario que tiñan asignado dende hai catro anos. A votación saldouse con 6 votos a favor, 2 abstencións e 3 en contra, coma no punto anterior.

A xunta de goberno local queda integrada polo alcalde e os concelleiros José Manuel Carreira, Gerardo Pintor e José Fuentes que, tamén por esta orde, ocuparán as tenencias de alcaldía.

Cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención da oposición, nomeáronse os representantes do concello nos órganos colexiados, quedando Eva Varela como representante no consello escolar do CPI Camiño de Santiago; e o alcalde, Manuel Taboada, no GDR Ulla-Tambre-Mandeo, na Asociación de Municipios del Camino Francés e na Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

Da comisión especial de contas, que se creou cos 6 votos a favor do goberno e 5 abstencións da oposición, formarán parte o alcalde, tres concelleiros do PP, dous dos PSdeG e 1 do BNG.

Polo que respecta a distribución de áreas de goberno, a proposta da alcaldía foi distribuílas do seguinte xeito:a seguinte:

  • Eva Varela Gago: Área de Educación e Cultura: Eva Varela Gago
  • José Manuel Carreira López: Áreas de Infraestruturas e Medioambiente, e de Parques e Xardíns.
  • Mercedes Vázquez Rodeiro: Área de Benestar Social, Muller, Familia e Xuventude.
  • Gerardo Pintor Gómez: Área de Sanidade e Medio Rural.
  • José Fuentes Barreiro: Área de Emprego e Promoción Económica.
  • Manuel Taboada Vigo: Áreas de Urbanismo, Deportes, Facenda, Persoal, Turismo e Camiño de Santiago.
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Lolo Penas e Tina Formoso cumplen cos pronósticos e gañan O Gran Camiño
Axudas para a rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral do Camiño de Santiago »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English