O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O galo piñeiro, protagonista do showcooking de Cristina e Cecilia Sanmartín no Pino para promocionar os Sabores e Saberes do Camiño

O galo piñeiro, protagonista do showcooking de Cristina e Cecilia Sanmartín no Pino para promocionar os Sabores e Saberes do Camiño

Novas

30-04-2021
30 Apr

Estivo organizado pola Federación EFAs de Galicia e forma parte do programa O eu Xacobeo  ||

Nava Castro: “Con este programa queremos vincular o Camiño e os produtos do territorio, para promocionalos”  ||

Manuel Taboada: “Estas xornadas seguen poñendo en valor o galo e a galiña piñeira” ||

Vincular o Camiño de Santiago e os produtos dos concellos polos que pasa é un dos obxectivos do programa Sabores e saberes do Camiño, que onte celebrou un showcooking na casa de cultura de Arca que foi inaugurado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde do Pino, Manuel Taboada, e por Enrique Rodríguez, vicepresidente da Federación EFAs de Galicia, entidade que organiza este programa que forma parte de O teu Xacobeo.

As irmáns Cristina e Cecilia Sanmartín, do restaurante Casa Sanmartín de Lalín (que foi premio de gastronomía Galo de Curral) foron as encargadas de preparar as dúas elaboracións para enxalzar o galo e a galiña piñeira. Para esta ocasión elixiron unha receita tradicional e outra na que prepararon un trampantoxo de vieira con chacina de galo piñeiro.

Nava Castro salientou o importante papel que realizan proxectos como Sabores e Saberes do Camiño para por en valor os produtos e o seu territorio, e vinculalos co Camiño de Santiago. Enmarcada no programa O teu Xacobeo co que a Xunta busca diversificar e achegar a celebración do Xacobeo 21-22 a todo o territorio galego, o programa inclúe un total de 9 obradoiros de cociña en directo que se están a celebrar en diferentes puntos do Camiño de Santiago e para os que a Xunta de Galicia destinou unha axuda de algo máis de 11.000 euros.

“Xornadas coma esta serven para seguir a promocionar e poñer en valor o galo e a galiña piñeira e tamén o Camiño de Santiago ao seu paso polo Pino”, dixo o alcalde do Pino, Manuel Taboada, no acto inaugural desta xornada. O alcalde agradeceu a Turismo de Galicia e a Federación de EFAs que levaran esta xornada ata O Pino.

Dende a Federación de Escolas Familiares Agracias (EFAs) de Galicia, Enrique Rodríguez definiu a iniciativa Sabores e Saberes do Camiño como  unha expresión do camiño no eido gastrocultural que permite descubrir os recursos do Camiño e os seus territorios, interactuar cos seus axentes e recompilar e documentar o seu saber facer.

“O galo para nós é un dos productos cárnicos galegos nos que se reflexa a calidade e a tradición da nosa terra. Seguindo a tradición preparamos o galo como se fixo sempre cunha receita que leva na nosa casa varias xeracións, e por  outra banda faremos unha receita menos tradicional  pero que permite un perfecto aproveitamento da peza de galo”,  afirmou Cecilia Sanmartín.

O programa Sabores e Saberes do Camiño  ten como finalidade o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago, a promoción da súa riqueza cultural, natural e humana a través de actividades de difusión da potencialidade gastrocultural nos Concellos de  O Pino, Arzúa, Palas e Melide. Así recentemente nas instalación do centro de formación profesional Efa Piñeiral tiveron lugar as primeiras sesión do programa, co queixo D.O.P Arzúa-Ulloa e a mel como protagonistas de sendas accións. O proxecto continuará con obradoiros tematizados que terán lugar en Melide, Palas e Arzúa ó longo dos mes de maio.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino celebra o Día do Libro cun vídeo protagonizado polo alumnado do CPI Camiño de Santiago
A biblioteca do Pino fará un mosaico de homenaxe a Xela Arias con fotos da veciñanza »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English