O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Festival Sons de Reis pechará a visita dos Reis Magos ao Concello do Pino este luns, 5 de xaneiro

News

02/01/2026
2 Jan

Os DJs Daviz Expósito, Compota e ToniSalvaje, acompañados polo grupo Nueva Fuerza, encherán de música a carpa climatizada xunto a casa da cultura a partir das 20.30 horas ||  

A segunda edición deste festival comezará tras a recepción oficial dos Reis Magos no polideportivo municipal de Reboredo  ||  

As Súas Maxestades de Oriente percorrerán as parroquias do Pino, comezando en Pereira ás 10.45 horas e rematando en Cebreiro ás 18.30  ||  

DJ Rokiño

Este luns, 5 de xaneiro, o Concello do Pino acollerá unha das xornadas máis esperadas do Nadal coa tradicional visita dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as parroquias do municipio e culminarán a súa visita coa recepción oficial no polideportivo municipal de Reboredo, ás 19.30 horas. Este día tan especial completarase co Festival Sons de Reis, no que tres DJs e o grupo Nueva Fuerza, animarán á veciñanza a gozar da música dende as 20.30 horas ata a madrugada.

“Queremos que persoas de todas as idades poidan gozar dun día tan especial como é a véspera de Reis”, asegura o concelleiro de Deportes e Xuventude Borja Castro. “Se a cativada vai estar especialmente motivada coa visita polas parroquias de Melchor, Gaspar e Baltasar, cremos que a mocidade terá tamén o seu momento con este festival”, engade.

O obxectivo é que toda a familia poida participar no festival unha vez que remate a visita dos Reis Magos ao polideportivo de Reboredo. Na carpa climatizada situada entre a casa da cultura e o centro médico, nesta segunda edición do Festival Sons de Reis actuará o DJ Compota (20.30 horas), o grupo Nueva Fuerza (22.00 horas) e o pinchadiscos, Daviz Expósito (24.00). Despois dun segundo pase do grupo iNueva Fuerza (01.30 horas) o DJ do Pino ToniSalvaje (03.00 horas) será o encargado de poñerlle o broche de ouro a este Festival Sons de Reis, que rematará sobre as 04.30 horas.

A música disco e latina amenizará unha noite moi especial, “para que persoas de todas as idades e familias gocen mentres agardan que os Reis Magos deixen os agasallos nas súas casas”, indica Borja Castro.

Os Reis Magos polas parroquias

O Pino encherase de maxia dende primeira hora da mañá deste luns, 5 de xaneiro, cando os tres Reis Magos comecen o seu tradicional percorrido polas parroquias do municipio.

Está previsto que a comitiva das Súas Maxestades chegue ás 10:45 horas ao campo de festas de Pereira. Logo continuará o seu percorrido habitual por Santiso (Castrofeito), Gonzar, Medín, Pastor, San Breixo e o resto das parroquias do municipio. Este amplo itinerario está pensado para que nenos e nenas de todas as parroquias saúden aos Reis, conversen con eles e lles entreguen as súas cartas. O percorrido rematará ás 18:30 horas no campo de festas de Cebreiro, asegurando que toda a veciñanza teña a oportunidade de participar.

A partir das 19:30 horas, a atención trasladarase ao polideportivo municipal de Reboredo, onde terá lugar a recepción oficial. Este acto contará cunha completa programación que inclúe animación e inchables para os máis pequenos (xa dende ás 17.30 horas) e a entrega de premios do Concurso de Postais e do II Concurso de Decoración do Nadal.

Ademais, todas as persoas asistentes poderán gozar dun ambiente acolledor con chocolate quente, churros e roscón, que se ofrecerán de forma gratuíta para celebrar a ocasión.

Unha vez que Melchor, Gaspar e Baltasar abandonen o pavillón comezará a segunda edición do Festival Sons de Reis.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Moitos disfraces na II San Silvestres do Pino, que gañaron Iago Mateos e Ainhoa Reboiras
Os Reis Magos reparten ilusión polas parroquias do Pino, onde os agardan centos de menores »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English