O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O equipo J. Balado gaña o Torneo de fútbol sala ao impoñerse nos penaltis ao FC Tucaneros

News

29/06/2026
29 Jun

Remontou un 2-0 en contra no tempo regulamentario e estiveron máis acertados dende os sete metros cun 3-2 ao seu favor  || 

O terceiro posto foi para Rayo Reboredo, que venceu por 3-2 ao equipo As Pintas FS  || 

Oito equipos participaron neste primeiro campionato organizado polo Concello do Pino  ||   

O equipo J. Balado foi o gañador do torneo

 

Os xogadores do J. Balado celebraron por todo o alto a vitoria no primeiro Torneo de fútbol sala organizado polo Concello do Pino despois de remontar na final un 2-0 en contra e impoñerse na quenda de penaltis por 3-2 aos Tucaneros FC. O terceiro posto foi para Rayo Reboredo, que se impuxo por 3-2 na final de consolación ao equipo As Pintas FS. O concelleiro Borja Castro entregoulle os trofeos aos catro primeiros clasificados.

A primeira edición do Torneo de fútbol sala do Concello do Pino xuntou oito equipos, que disputaron unha fase de grupos, con 3 partidos, no polideportivo de Lameiro entre o venres pola tarde e o sábado pola mañá.

Despois de celebrase as semifinais, As Pintas e Rayo Reboredo disputaron a final de consolación, na que Rayo Reboredo mantivo sempre vantaxe no marcador para acabar impoñéndose por 3-2.

Na gran final, os veteranos xogadores de J. Balado souberon darlle a volta a un resultado adverso e remontar os dous primeiros goles que marcaron os mozos de Tucaneros. Tras rematar o tempo regulamentario cun 2-2, no lanzamentos de penaltis estiveron máis acertados os de J. Balado, que acabaron levándose o campionato.

O concelleiro de Deportes e Xuventude, Borja Castro, entregoulle os trofeos aos catro primeiros equipos entre os aplausos do público. Máis dun cento de persoas presenciaron no polideportivo de Lameiro a fase final deste primeiro torneo organizado polo Concello do Pino.

 

O FC Tucaneros quedou segundo, tras perder a penaltis

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino cobrará o recibo da auga cada 2 meses e ratifica a suspensión da taxa de sumidoiros
O Pino organiza o II Concurso de Murais con motivo da Festa do Galo Piñeiro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English