O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O director xeral de Maiores visita no Pino a unidade Coidados porta a porta situada en Arca

News

28/09/2022
28 Sep

Ata o venres, persoas maiores de 55 anos con cita previa poden recibir atención gratuíta de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria  ||  

Antón Acevedo, acompañado polo alcalde Manuel Taboada, conversou con algunhas das persoas que acudiron hoxe  ||  

Esta unidade móbil voltará ao Pino dúas veces máis ata finais do vindeiro ano  ||  

Dende que se puxo en marcha o servizo, en marzo, atendéronse máis de 20.000 persoas en Galicia, 5.600 delas na Coruña  ||  

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, visitaron esta mañá a unidade móbil do programa Coidados porta a porta situada xunto ao centro de saúde de Arca. Alí sinalou que esta iniciativa leva atendidas a máis de 20.000 persoas de toda Galicia desde a súa posta en marcha no pasado mes de marzo, das que 5.600 persoas son da provincia da Coruña.

Acevedo e Taboada estiveron acompañados polas concelleiras Mercedes Vázquez e Eva Varela, e pola educadora familia Cruz Toande. Durante a visita conversaron coas personas que estaban agardando e saían das consultas, e tamén cos profesionais que atenden dentro da unidade móbil, que estará en Arca ata o venres 30 de setembro. Segundo informaron os profesionais, a veciñanza ten practicamente reservadas todas as citas dispoñibles.

Segundo informou o director xeral, a unidade móbil volverá ao Pino outras dúas veces antes de finais do ano 2023. Para ser atendido en calquera dos autobuses de Coidados porta a porta, cómpre solicitar cita previa nos teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do seguinte enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Mediante esta iniciativa, o Goberno galego achega aos maiores de 55 anos atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. A da Coruña é a que rexistra ata o momento un maior número de beneficiarios con máis de 5.600 persoas.

Por medio de oito autobuses que percorrerán todos os concellos galegos agás as sete cidades, a Consellería de Política Social e Xuventude facilita coidados médicos e de saúde en xeral preto dos fogares das persoas maiores, evitándolles desprazamentos fóra da súa contorna e posibilitando que poidan seguir vivindo alí onde prefiran.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abrirá o luns 3 de outubro o ximnasio de Lameiro de xeito gratuíto para a veciñanza
O Pino reclámalle ao goberno central rematar canto antes a autovía A-54 de Santiago a Lugo »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English