O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O CPI Camiño de Santiago estreará unha profunda renovación coincidindo co seu 50 aniversario

News· Urbanismo

05/08/2026
5 Aug

O centro educativo do Pedrouzo recibirá un investimento de 1,3 millóns de euros da Xunta de Galicia ||

A actuación permitirá renovar 2.091 metros cadrados de cuberta, mellorar o illamento de 1.886 metros cadrados de fachada e actuar sobre 131 carpinterías exteriores ||

O proxecto tamén inclúe a instalación de 636 luminarias, a renovación dos falsos teitos e outras melloras destinadas a incrementar o confort e reducir o consumo enerxético ||

A previsión é adxudicar as obras antes de que remate 2026, executalas durante 2027 e estrear o centro completamente renovado en 2028, coincidindo co seu 50 aniversario ||

O CPI Camiño de Santiago, situado no núcleo do Pedrouzo, será obxecto dunha rehabilitación integral que permitirá renovar profundamente unhas instalacións que levan 48 anos prestando servizo educativo á veciñanza do Pino. A Xunta de Galicia destinará 1,3 millóns de euros a esta actuación, cuxa finalización está prevista para 2028, coincidindo co 50 aniversario do centro.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, recibiu hoxe no colexio ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, durante a presentación do proxecto. No acto tamén participaron membros da Corporación municipal, a directora do CPI Camiño de Santiago, Beatriz Vives, e os responsables do proxecto de rehabilitación, que explicaron as principais intervencións previstas no edificio.

Manuel Taboada agradeceu o compromiso da Xunta cunha obra moi agardada no municipio. “Esta rehabilitación era moi necesaria porque o edificio, despois de 48 anos prestando servizo ao ensino, merécea. Vai marcar un antes e un despois para o CPI Camiño de Santiago e para toda a súa comunidade educativa”, afirmou.

O rexedor subliñou a importancia que ten este colexio para varias xeracións de veciños e veciñas do Pino. “É unha gran noticia, como o é sempre calquera investimento destinado á veciñanza. Este é o centro no que moitos demos os nosos primeiros pasos no ámbito educativo e forma parte da historia persoal de numerosas familias do municipio”, sinalou.

Unha renovación completa do centro

O proxecto contempla a intervención sobre 2.091 metros cadrados de cuberta e a rehabilitación de 1.886 metros cadrados de fachada mediante o sistema SATE. Esta solución de illamento térmico polo exterior permitirá reducir as perdas de temperatura e mellorar a eficiencia enerxética do inmoble.

As obras tamén inclúen actuacións en 131 carpinterías exteriores, a instalación de 636 luminarias, 126 fiestras e cinco portas, así como a renovación dos falsos teitos e outras melloras interiores. O obxectivo é incrementar o confort térmico e modernizar os espazos nos que desenvolven a súa actividade diaria o alumnado e o persoal do centro.

O Concello do Pino colaborará coa dirección do CPI e coa Xunta para facilitar o desenvolvemento dos traballos. “Tentaremos que as obras interrompan o menos posible o día a día do ensino e que poidan executarse compatibilizándoas coa actividade académica”, explicou Taboada.

Un aforro enerxético próximo ao 40 %

Román Rodríguez destacou que a actuación permitirá deixar o CPI Camiño de Santiago “practicamente como un colexio novo”. O conselleiro explicou que a rehabilitación mellorará notablemente a temperatura interior e reducirá arredor dun 40 % o consumo eléctrico do edificio. “Esta actuación terá importantes beneficios para o alumnado e para o equipo directivo, tanto polo maior confort dos espazos como polo aforro económico e ambiental que suporá a redución do consumo enerxético”, indicou.

A Xunta prevé iniciar de maneira inmediata o procedemento de licitación. Se a tramitación se desenvolve segundo o calendario previsto, o contrato quedará adxudicado antes de que remate 2026 e as obras executaranse ao longo de 2027.

O centro completamente renovado estará listo para estrearse en 2028, coincidindo co seu 50 aniversario. Deste xeito, O Pino celebrará os cincuenta anos de historia do CPI Camiño de Santiago cunhas instalacións modernizadas e preparadas para continuar atendendo as futuras xeracións do municipio.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino contará cun novo centro sociocultural en San Mamede de Ferreiros grazas a un convenio coa Xunta

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English