O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O concurso de Entroido do Pino repartirá 1.875 euros en premios o domingo 19 de febreiro

News

06/02/2023
6 Feb

As solicitudes deberán presentarase na sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal  ||  

O prazo de inscrición rematará o mesmo día do concurso, antes do seu inicio  ||  

A edición deste ano establece sete categorías, entre elas a do disfrace máis orixinal  ||  

O Concello do Pino celebrará o domingo 19 de febreiro o tradicional Concurso de Entroido. Será a partir das 17.30 horas, na praza do Concello. A edición deste ano conta cun total de 1.875 euros en premios repartidos en sete categorías.

Todas as persoas interesadas en participar deberán formalizar previamente a súa inscrición cubrindo a solicitude de participación e presentándoa presencialmente no rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 14.00 horas. A inscrición tamén se poderá formalizar na sede electrónica do Concello ata que empece o concurso o 19 de febreiro.

O Concurso de Entroido 2023 Concello do Pino contempla siete categorías, todas elas con premios en metálico: infantil (ata 12 anos), cun primeiro premio de 150€ e un segundo de 100 €; individual (150 euros); parella (174 €), grupo (250 €); comparsa (400 €) carroza (500 €) e ao disfrace máis orixinal (150 euros).

Segundo establecen as bases do concurso, as comparsas deberán estar compostas por un mínimo de 10 persoas representando un mesmo motivo. O día do concurso poderán realizar un pequeno espectáculo (interpretación musical, coreografía, escenografía…) de tres ou catro minutos. Os grupos poderán estar formados por entre 3 e 9 persoas e as carrozas por un mínimo de 4 representando algún motivo enriba dun móbil.

O xurado valorará a orixinalidade do vestiario, a estética, a creatividade, a elaboración dos disfraces, comparsas e carrozas (que sexa un traballo feito a man e que empreguen materiais de refugallo). Tamén se valorará a posta en escena, a animación musical, a capacidade de interacción co público, a mobilización de masas, a sátira e ou a crítica social construtiva, ademais do emprego do galego oral e escrito.

As bases do Concurso de Entroido pódense consultar na web do Concello. Tamén se pode descargar a ficha de inscrición e a autorización de menores, que deberá ser entregada asinada polo pai, a nai, titor ou titora.

As fichas de inscrición nas diferentes categorías pódense descargar nos seguintes arquivos, e tamén consultar as bases do concurso.

Icon

Bases concurso de Entroido do Pino 2023

1 file(s) 151.27 KB
Download
Icon

Inscrición concurso Entroido O Pino 2023. Categoría INFANTIL

1 file(s) 138.38 KB
Download
Icon

Inscrición concurso Entroido O Pino 2023. Categoría INDIVIDUAL

1 file(s) 137.98 KB
Download
Icon

Inscrición concurso Entroido O Pino 2023. Categoría PARELLAS

1 file(s) 138.65 KB
Download
Icon

Inscrición concurso Entroido O Pino 2023. Categoría GRUPO-COMPARSA-CARROZA

1 file(s) 85.92 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino suspende o proceso de licitación do SAF ata que o tribunal falle o recurso presentado
O Pino destina 278.000 € do POS+ a melloras viarias en Gonzar e 284.000 a gasto corrente »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English