-
O Sergas citará por SMS a 244 mozas e mozos de 16 a 24 anos ||
-
As probas realizaranse no centro de saúde de Arca de 16.00 a 20.00 horas ||
-
A incidencia está aumentando neste sector de poboación ||
O acalde de O Pino, Manuel Taboada, fai un chamamento á xuventude do municipio para todas as persoas convocadas acudan a realizar as probas de cribado da covid-19 que se van realizar no centro de saúde de Arca entre as catro e as oito desta tarde.
A xerencia da Área Sanitaria de Santiago púxose en contacto co Concello para informar de que se van convocar 244 mozas e mozos de 16 ata 24 anos para realizar probas de detección de coronavirus. O Sergas detectou que a incidencia entre este sector da poboación estase incrementando nos últimos días e, con estas probas “quérese evitar que se contaxien os xoves e, tamén, que as persoas maiores que viven con eles se volvan infectar”, explica o alcalde Manuel Taboada.
O Sergas enviará un SMS cun código QR a 244 mozas e mozos de entre 16 e 14 anos para que acudan hoxe ao centro de saúde de Arca, entre as 16.00 e as 20.00 horas, onde se realizarán probas para detectar a presenza de coronavirus.
Nos cribados que se están a facer noutras localidades galegas entre a xuventude, o índice de participación é moi baixo, cunha asistencia que ronda de media só a metade das persoas convocadas. O alcalde agarda que a xuventude do Pino sexa responsable “e acuda en masa ao chamamento para facer as probas, polo ben tanto das propias persoas convocadas como das que conviven con elas na casa”.