O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino suspende a ordenanza de saneamento ao comprobar que o estudio económico feito non se axusta a realidade

News

02/05/2026
2 May

A medida terá efecto retroactivo dende o 1 de xaneiro polo que o exceso cobrado no primeiro recibo deste ano compensaráselles aos aboados nos recibos dos vindeiros trimestres  ||  

Manuel Taboada: “Estimáronse os gastos da depuradora cando esta levaba funcionando só un mes, e están moi por riba do custo real, por iso deixamos a ordenanza en suspenso”  ||  

Elaborarase unha nova ordenanza que so afectará ao abastecemento de auga potable  ||  

O Concello asumirá un ano os gastos da EDAR, durante o que se fará o cálculo real dos custos para facer a ordenanza definitiva  ||  

 

 

O Concello do Pino deixa sen efecto a ordenanza que regula as tarifas de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e saneamento ao comprobar que o estudo económico financeiro para calcular os gastos da nova depuradora de Arca non se axusta a realidade e están moi por riba dos reais. O alcalde, Manuel Taboada, anuncia que a medida terá efecto retroactivo a 1 de xaneiro deste ano, e adianta que “as cantidades que se lle cobraron de máis aos aboados no recibo do primeiro trimestre vánselle compensar nos seguintes trimestres”.

“Faremos unha nova ordenanza para fixar os prezos do abastecemento de auga, que serán similares aos actuais e beneficiosos para os pequenos consumos domésticos”, asegura Manuel Taboada.

Respecto da taxa de depuración (saneamento e sumidoiros), o alcalde anuncia que “o Concello vai asumir durante un ano os gastos de funcionamento da nova depuradora de Arca para coñecer os custos reais do seu mantemento durante os doce meses. Con estes datos reais aprobaremos unha nova ordenanza o vindeiro ano”, afirma.

Esta semana decidiuse deixar en suspenso a actual ordenanza despois de varias reunións coa empresa de enxeñaría que fixo o estudo económico financeiro da EDAR; tras analizar e comparar moitos dos recibos remitidos á veciñanza no mes de abril, e despois de comprobar que os gastos que ten a depuradora son menores aos estimados en 2025.

O estudo económico financeiro fíxose no verán pasado, cando a depuradora levaba só un par de meses funcionando, “de aí que se estimasen uns gastos de funcionamento que agora vemos son moi superiores aos que realmente custa a EDAR de Arca, como comprobamos nas reunións que mantivemos esta semana”, di Taboada. Este é un dos motivos principais polos que o goberno local deixa sen efecto a actual ordenanza.

Tamén se detectaron erros nos recibos que a empresa que xestiona o servizo lle remitiu algúns aboados. Por exemplo, “á veciñanza de Santiso (Castrofeito) e á de Castelo e de San Sadurniño (Cebreiro), cobróuselles a taxa de saneamento, cando as súas casas non están conectadas a depuradora de Arca e, polo tanto, non correspondía aplicarlla”, sinala Taboada.

Nova ordenanza so para abastecemento

Agora, o Concello vai aprobar “o antes posible” unha nova ordenanza para establecer o prezo do abastecemento de auga. “Será moi similar a que acabamos de anular, queremos que non sexa superior a actual e que beneficie a pequenos consumidores de uso doméstico”, asegura Manuel Taboada.

Esta nova ordenanza establecerá só os prezos do abastecemento de auga potable. A taxa de saneamento fixarase o vindeiro ano, despois de analizar durante 12 meses os custos reais da depuradora de Arca.

Compensación de recibos

Como xa se cobrou o recibo do primeiro trimestre, o Concello compensará nos vindeiros trimestres a parte que cada aboado pagou de máis. É probable que “nos próximos recibos haxa familias que non paguen nada polo abastecemento de auga, ata que se compensen totalmente o que pagaron a maiores no recibo que se pasou a cobro en abril”, aclara Taboada.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello publica a concesión definitiva de subvencións para asociacións culturais e deportivas de 2026
O Pino súmase ás microcredenciais da USC e impartirá cursos de uso da IA e de xestión da terra durante o mes de maio »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English