O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia

News

12/06/2026
12 Jun

A veciñanza poderá desfrutar de excursións ás praias de Broña, San Francisco, Baltar e Xardín durante os meses de xullo e agosto ||

O prezo mantense en 10 euros por viaxe para persoas adultas e 5 euros para menores de 13 anos ||

O Concello do Pino volverá ofrecer este verán unha nova edición do programa Vai de Praia, unha iniciativa que cada ano conta cunha excelente acollida entre a veciñanza e que permite desfrutar de diferentes areais da costa galega de forma cómoda, económica e sen necesidade de utilizar vehículo propio.

As saídas realizaranse todos os mércores dos meses de xullo e agosto, cun calendario que inclúe catro destinos de referencia do litoral galego. As persoas participantes poderán visitar a praia de Broña, en Outes; a praia de San Francisco, en Muros; a praia de Baltar, en Portonovo; e a praia do Xardín, en Boiro.

O programa permitirá combinar praias da ría de Muros e Noia, da ría de Arousa e das Rías Baixas, ofrecendo alternativas para todos os gustos e favorecendo o desfrute do verán nun ambiente de convivencia e lecer.

O prezo por cada viaxe mantense sen cambios respecto ás edicións anteriores, cun custo de 10 euros para as persoas adultas e de 5 euros para os menores de 13 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Como é habitual, un autobús percorrerá as distintas parroquias do municipio para facilitar o acceso ao servizo, polo que será necesario realizar a inscrición previa para organizar correctamente as rutas, horarios e paradas.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición realizando o ingreso correspondente na conta do Concello do Pino en Abanca (ES70 2080 0337 1131 1000 0078) e presentando a documentación necesaria antes das 13.00 horas do día anterior a cada saída.

Para máis información, a veciñanza pode dirixirse á Casa da Cultura, chamar ao teléfono 981 511 065 ou consultar a páxina web municipal www.opino.gal.

Co programa Vai de Praia, o Concello do Pino reafirma o seu compromiso coa promoción de actividades de lecer accesibles para todas as idades, favorecendo a participación social e o desfrute do verán entre a veciñanza.

A ficha de inscrición e os datos para facer o pagamento no banco pódense descargar premendo neste enlace.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino amplía a participación no I Torneo de Fútbol Sala e habilita a inscrición por sede electrónica
O Concello do Pino abre o 20 de xuño a tempada da Piscina Municipal de Lameiro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English