O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino organiza unha charla para concienciar sobre a hipertensión

News

06/05/2025
6 Mai

‘Non esperes o susto: controla a túa tensión’ terá lugar o venres 16 de maio en Lardeiros con entrada libre ||

O Concello do Pino impulsa unha nova acción de concienciación en materia de saúde coa organización dunha charla informativa sobre hipertensión arterial. A actividade celebrarase o venres 16 de maio ás 17:30 horas en Lardeiros, nas inmediacións da Casa do Maior, e terá entrada de balde para todas as persoas interesadas.

Baixo o título Non esperes o susto: controla a túa tensión, o encontro busca ofrecer pautas claras e prácticas sobre como previr e manexar esta enfermidade silenciosa que afecta a unha parte importante da poboación. A charla estará impartida por Alberto Salmonte Rodríguez, enfermeiro do centro médico do Pino, quen explicará que é realmente a hipertensión, desmontará mitos habituais, ensinará a tomar correctamente a tensión arterial e achegará consellos sobre alimentación e hábitos de vida saudables.

Esta acción forma parte dun compromiso continuado do Concello do Pino coa promoción da saúde e o benestar da veciñanza, especialmente no ámbito da prevención e da información accesible. A charla está pensada para persoas de todas as idades que queiran coidar a súa saúde cardiovascular dun xeito sinxelo, práctico e con rigor profesional.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino contará cunha nova parada de autobús para dar servizo á veciñanza de Santiso e Castrofeito
O Concello do Pino acolle a presentación do primeiro libro de Carmiña Carrillo Vaamonde »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English