O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino organiza un obradoiro gratuíto de Chikung e Taichi aberto á veciñanza

News

14/04/2026
14 Apr

A actividade celebrarase o 25 de abril no pavillón de Reboredo cunha proposta centrada no benestar físico e mental || O curso será impartido por Fernando Salgado, especialista en Medicina Chinesa ||

Obradoiro de Chikung e TaichiO Concello do Pino promove un novo obradoiro de benestar centrado nas disciplinas de Chikung e Taichi, que terá lugar o sábado 25 de abril en horario de 10.30 a 12.30 horas no pavillón de Reboredo. A proposta, de carácter gratuíto, ofrécelle á cidadanía a oportunidade de achegarse a prácticas tradicionais orientadas ao equilibrio físico e mental, cunha capacidade limitada a trinta participantes.

A formación será impartida por Fernando Salgado, médico especialista en Medicina Chinesa pola Universidade de Pequín e cunha ampla traxectoria como instrutor destas disciplinas. O relator conta ademais cunha destacada experiencia docente como coordinador do Máster de Acupuntura da Universidade de Santiago durante máis de dúas décadas, o que garante un enfoque rigoroso e accesible para todas as persoas asistentes.

Durante a sesión desenvolveranse exercicios sinxelos e eficaces propios da medicina chinesa, pensados para contribuír á mellora e mantemento da saúde. A actividade está aberta a persoas adultas e menores a partir dos sete anos, favorecendo así a participación interxeracional nun contexto de aprendizaxe e coidado persoal.

As inscricións poderán realizarse de forma presencial no Concello do Pino, na área de Deportes, entre o 14 e o 24 de abril ata as 15.00 horas.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino abre unha enquisa para definir as actividades deportivas do curso 2026-2027
O Concello publica a concesión provisional de subvencións para asociacións culturais e deportivas de 2026 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English