O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino organiza a II Andaina das Letras: ‘Camiñando coa Lingua’ para celebrar o Día das Letras Galegas

News

29/04/2026
29 Apr

A actividade terá lugar o 16 de maio cun percorrido polo Camiño Francés entre A Calzada e a Casa da Cultura ||

A participación é gratuíta, con prazas limitadas e inscrición previa obrigatoria ||

O Concello do Pino organiza o vindeiro sábado 16 de maio de 2026 a II Andaina das Letras: ‘Camiñando coa Lingua’, unha proposta que combina deporte, cultura e lingua galega nun percorrido polo histórico Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio.

A iniciativa enmárcase na programación do Día das Letras Galegas e ten como obxectivo promover o uso da lingua galega a través dunha actividade participativa e aberta á veciñanza, ao tempo que se pon en valor o patrimonio natural e cultural do territorio

A xornada comezará cunha saída en autobús ás 8.30 horas desde o Centro Cultural Luís Seoane ata A Calzada (Arzúa), punto de inicio da andaina, prevista para as 9.00 horas. O percorrido, duns 13 quilómetros, rematará na Casa da Cultura do Pino arredor das 13.00 horas.

Durante o traxecto, as persoas participantes poderán gozar de diferentes intervencións dinamizadas polo guía turístico Carlos Guerra, que se desenvolverán en varios puntos do itinerario, ofrecendo unha visión amena da historia local e do propio Camiño de Santiago

A actividade está pensada para todos os públicos e busca tamén fomentar a participación en familia, promovendo o encontro interxeracional nun entorno natural e cultural de gran valor.

Inscricións

A participación na andaina é totalmente gratuíta, pero require inscrición previa antes do 13 de maio. As persoas interesadas poderán anotarse de xeito presencial nas oficinas municipais e no Rexistro municipal. As prazas son limitadas (35 participantes), polo que se cubrirán por orde de inscrición.

Desde o Concello do Pino anímase á veciñanza a participar nesta actividade, que busca reforzar o vínculo coa lingua e coa identidade cultural galega a través dunha experiencia compartida.

Podes descargar aquí o formulario de inscrición:

Icon

Formulario de inscrición da II Andaina das Letras: ‘Camiñando coa Lingua’

1 file(s) 89.76 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización
Actuacións financiadas polo POS+ da Deputación da Coruña no Concello do Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English