O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino obtén unha subvención para fomentar o envellecemento activo e combater a soidade non desexada en 2026

News

11/03/2026
11 Mar

A contía asignada pola Deputación da Coruña ascende a 5.236,20 euros || A axuda destinarase a financiar actividades que favorezan a participación social e o benestar das persoas maiores do municipio ||

O Concello do Pino é beneficiario dunha subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2026. Esta achega está destinada a desenvolver iniciativas orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores do municipio e fomentar a súa participación activa na sociedade.

A contía asignada ao Concello do Pino ascende a 5.236,20 euros, unha axuda que permitirá financiar actividades municipais dirixidas a favorecer a integración social, o benestar e a autonomía das persoas de maior idade. O programa municipal de envellecemento activo inclúe propostas de lecer, formación e convivencia que contribúen a manter unha vida activa e a crear espazos de encontro entre a veciñanza.

Esta subvención permite reforzar o traballo que desenvolve o Concello do Pino para atender as necesidades da poboación maior e promover a súa participación na vida comunitaria. As actividades contribúen tamén a previr e combater a soidade non desexada, favorecendo as relacións sociais e os vínculos entre as persoas participantes.

O Concello do Pino continuará impulsando políticas e iniciativas que contribúan ao benestar das persoas maiores e á creación dun municipio inclusivo e sensible ás necesidades da súa veciñanza.

A resolución do BOP pode consultarse neste enlace.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Fabiola García avanza no Pino que os concellos poderán adherirse desde finais de marzo ao incremento do financiamento do SAF
Taboada e Calvo visitan as obras de mellora da estrada que arranxaron O Pino e Boqueixón »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English