O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino mellora os accesos ao Camiño Francés cun proxecto de embelecemento financiado pola Xunta

News

04/11/2025
4 Nov

Belén do Campo e Manuel Taboada visitan as zonas nas que se desenvolveu o proxecto de embelecemento dos accesos ao Camiño FrancésO Concello do Pino vén de completar unha actuación de mellora e embelecemento nos accesos ao Camiño Francés grazas a unha achega de 30.000 euros concedida pola Xunta de Galicia, a través da liña de axudas para infraestruturas turísticas dirixida a concellos de menos de 10.000 habitantes.

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde do Pino, Manuel Taboada, visitou as zonas nas que se desenvolveu o proxecto, que abrangue un total de 10,1 quilómetros do trazado do Camiño ao seu paso polo municipio. As intervencións centráronse na instalación de novos elementos de mobiliario urbano e iluminación que contribúen a mellorar a experiencia dos peregrinos, ofrecendo espazos de descanso máis cómodos e zonas máis seguras e integradas na contorna.

En distintos puntos do percorrido colocáronse bancos, papeleiras e luminarias cun deseño adaptado á contorna rural e natural do Camiño de Santiago, co obxectivo de garantir unha integración harmónica co paisaxe. Prestouse especial atención ao uso de materiais e cores que respectan a identidade paisaxística da zona, evitando elementos que desentoasen coa estética rural e fomentando ao mesmo tempo unha cultura de sustentabilidade e respecto polo medio natural.

En total, colocáronse, nun traxecto de 10,1 quilómetros, 30 luminarias, 20 bancos con respaldo, 9 bancos sen respaldo e 10 papeleiras. Concretamente o proxecto incluíu, no traxecto Bugalleira-Praia de Mera, de 3.700 metros de lonxitude, 8 bancos con respaldo, 4 bancos sen respaldo e 4 papeleiras, no tramo de Currás a Petón, de 2.900 metros, 30 luminarias, 6 bancos con respaldo, 3 bancos sen respaldo e 3 papeleiras. No viario de Pedrouzo a Abelleira de 2.100 metros instalaronse 4 bancos con respaldo, 2 bancos sen respaldo e 2 papeleiras. Finalmente, no traxecto de Xesta a Frechazo Último de 1.400 metros, 2 bancos con respaldo e unha papeleira.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, subliñou que estas melloras permiten reforzar o compromiso do Concello co coidado do Camiño e coa calidade da experiencia dos milleiros de peregrinos que chegan cada ano. “O noso obxectivo é facer do Pino un espazo máis acolledor e coherente coa paisaxe que o define”, destacou o rexedor.

Esta actuación, que forma parte da orde de axudas de Turismo de Galicia, enmárcase no esforzo da Xunta por impulsar e consolidar a actividade turística no rural galego e promover un modelo de desenvolvemento sostible. Na comarca de Arzúa beneficiáronse desta liña de subvencións os concellos de Touro, Arzúa e O Pino, cun investimento total de 90.000 euros destinado á mellora e posta en valor dos seus recursos turísticos.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino cédelle unha parcela de 375 metros á Xunta para construír vivenda protexida en Arca
O Concello instala dous minipuntos limpos grazas a unha subvención para a mellora da recollida separada de residuos »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English