O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino lanza unha enquisa para deseñar un programa de actividades deportivas máis amplo e adaptado á veciñanza

News

11/03/2025
11 Mar

A sondaxe está dispoñible na páxina web do Concello ata o 25 de marzo  ||  

Inclúense diferentes opcións segundo a idade e o tipo de actividade desexada, coa posibilidade ademais de propoñer novas disciplinas  ||  

O obxectivo é asegurar que a oferta se axuste ás expectativas e preferencias de todas as persoas  ||  

O Concello do Pino, consciente da importancia de fomentar un estilo de vida saudable e activo, pon en marcha unha enquisa coa finalidade de coñecer as preferencias da veciñanza en relación ás actividades deportivas que desexan ver ofrecidas no municipio. Esta iniciativa, que terá en conta as necesidades e intereses de todas as idades, busca deseñar un programa que sexa inclusivo e diversificado para o curso que se desenvolvería dende setembro de 2025 ata maio-xuño de 2026. A enquisa estará activa ata o 25 de marzo.

A enquisa, dispoñible na páxina web do Concello, ofrece a oportunidade de que cada persoa poida compartir as súas ideas, suxestións e necesidades, e así poder deseñar unha oferta deportiva que sexa verdadeiramente útil e motivadora para todos e todas.

A enquisa inclúe diferentes categorías segundo a idade e o tipo de actividade desexada. Para a poboación infantil e adolescente, as opcións contemplan actividades como xadrez, baloncesto, fútbol sala, ximnasia rítmica, parkour, zumba, xogos predeportivos, entre outras. Para os adultos, ofrécese a posibilidade de elixir actividades como ioga, pilates, cross training, senderismo guiado, defensa persoal, bailes de salón ou circuitos funcionais. Ademais, tamén se contempla a inclusión de actividades para as familias, como senderismo, xogos cooperativos, ioga en familia e roteiros en bicicleta. En cada sección, os participantes tamén teñen a oportunidade de propoñer novas actividades que consideren de interese.

A finalidade deste proceso de consulta é asegurar que o programa de actividades deportivas se axuste ás expectativas e preferencias da veciñanza, co fin de promover o benestar físico e mental da comunidade.

O Concello do Pino anima a todos os veciños e veciñas a participar na enquisa e a compartir as súas suxestións.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino reivindica no 8M a igualdade de dereitos e oportunidades nunha sociedade máis xusta
Despedida de Chelo Grille e Delfín Mosteiro, que traballaron máis de 30 anos no Concello do Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English