O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino lanza o Vai de praia 2024 coa primeira saída a Boiro o mércores 3 de xullo

News

01/07/2024
1 Xul

A veciñanza poderá gozar de oito visitas aos areais galegos entre os meses de xullo e agosto || O prezo é de 10 euros por viaxe para persoas adultas e de 5 euros para menores de 13 anos ||

O Concello do Pino anuncia o inicio da edición 2024 do programa Vai de praia, unha iniciativa xa consolidada no municipio que lle permite á veciñanza visitar os areais da costa de Galicia durante todo o verán. Este programa ofrece a oportunidade de gozar de diferentes praias os mércores dos meses de xullo e agosto.

O calendario de saídas inclúe visitas a Boiro o mércores 3 de xullo, a San Francisco en Muros o mércores 10, a San Vicente do Mar no Grove o 17 e á Illa de Arousa o 31 de xullo. En agosto, as excursións levarán ás persoas participantes de novo a Boiro o mércores 7, a San Francisco en Muros o día 14; a San Vicente do Mar no Grove o día 21 e á Illa de Arousa o mércores 28.

O custo por viaxe é de 10 euros, mentres que para menores de 13 anos será de 5 euros. Un autobús percorrerá as parroquias do municipio para recoller as persoas participantes. É importante destacar que os menores deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Para reservar praza, é necesario pagar o importe correspondente na conta que o Concello do Pino ten en Abanca (ES70 2080 0337 1131 1000 0078) ou rexistrar a documentación antes das 13:00 horas do día anterior á viaxe. Para obter máis información e realizar inscricións, as persoas interesadas poden visitar a páxina web www.opino.gal, acudir á Casa da Cultura ou chamar ao teléfono 981 511 065.

Icon

Vai de praia 2024: Ficha de inscrición

1 file(s) 62.00 KB
Download
Icon

Vai de praia 2024: Conta bancaria

1 file(s) 24.50 KB
Download

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino destina 62.947 € do Plan de Mellora de Camiños Municipais á mellora do camiño de Angumil á estrada de Touro
O Pino celebra o sábado 13 a Xuntanza dos Maiores e invita á veciñanza de 60 ou máis anos »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English