O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino incrementa a contía dos premios no II Concurso de Decoración de Nadal

News

13/11/2025
13 Nov

As inscricións poderán formalizarse do 5 ao 19 de decembro presentando por rexistro ou sede electrónica o formulario e tres fotos ||

Establécense dúas categorías: familiar e colectiva ||

Nesta segunda convocatoria os galardóns chegan aos 350, 250 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto en cada modalidade ||

O Concello busca fomentar o ambiente festivo en rúas e vivendas ||

O Concello do Pino convoca a segunda edición do Concurso de Decoración de Nadal, unha iniciativa que busca dinamizar a participación cidadá, fomentar a cooperación e o traballo en común, e encher o municipio de espírito festivo e creatividade. A principal novidade desta edición é o incremento da contía dos premios, que pasan dos 300, 200 e 100 euros da anterior convocatoria aos 350, 250 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto en cada categoría.

O certame está aberto tanto a particulares como a colectivos, establecéndose dúas categorías de participación:

  • Familiar, dirixida a toda a veciñanza para que se anime a realizar a súa montaxe en balcóns, xanelas, portas, fachadas ou xardíns exteriores das vivendas.
  • Colectiva, na que poderán participar asociacións, comercios, empresas ou grupos veciñais que decoren tanto os seus escaparates como espazos públicos ou comúns, como rúas, prazas, parques ou áreas de lecer.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse entre o 5 e o 19 de decembro de 2025, no Rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello (https://opino.sedelectronica.gal). Para formalizar a participación será necesario cubrir o formulario dispoñible na web municipal e achegar tres fotografías da decoración presentada.

Os elementos decorativos deberán permanecer expostos entre o 19 de decembro e o 8 de xaneiro, ámbolos días incluídos, e deberán reflectir a temática propia do Nadal. O xurado valorará aspectos como o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o uso de materiais reciclables, o fomento dos valores locais e o contido educativo das propostas.

O concurso repartirá este ano un total de 1.400 euros en premios. Tanto na modalidade familiar como na colectiva outorgaranse tres galardóns de 350, 250 e 150 euros. Os premios entregaranse durante a festa de Reis que se desenvolverá o 5 de xaneiro de 2026 no pavillón municipal de Reboredo.

As bases completas e a ficha de inscrición poden consultarse e descargarse na web municipal nesta ligazón.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« II Concurso de Decoración de Nadal do Concello do Pino
O Pino activa unha campaña de visibilización e formación para conmemorar o 25N »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English