O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello de O Pino comeza o ciclo de charlas dirixidas ás familias “Mimos de Mamá”

News

08/05/2019
8 Mai

O Concello de O Pino comezou este 8 de maio as actividades do mes adicado ás familias. A Casa da Cultura Luís Seoane acollerá nas vindeiras semanas cinco charlas adicadas á impartición de información e curiosidades para familias, nas que se tratarán temas como o ciclo menstrual, os coidados do solo pélvico no postparto, a lactancia materna e a seguridade vial.

A primeira cita celebrouse este 8 de maio ante as rapazas de 6º de Primaria e 1º da ESO do CPI Camiño de Santiago, no que Rosario Rivas Mato, matrona do Centro de Saúde de O Pino, explicou os aspectos máis importantes do ciclo menstrual.

O vindeiro 15 de maio ás 10.30 horas terá lugar a charla-coloquio sobre parasitoses intestinais e febre nos nenos/as, que impartirán Amelia Villanueva Jeremías (pediatra do Centro de Saúde de O Pino) e Esther Morigosa García (enfermeira de pediatría do mesmo centro). Ás 12.00 horas comezará a conferencia adicada aos coidados do solo pélvico no postparto, que tamén impartirá Rosario Rivas.

Ás 10.00 horas o mércores 22 de maio a Asociación Alecria e as mulleres de Gaia Ecocrianza compartirán os seus coñecementos sobre porteo seguro e lactancia materna cos pais e nais asistentes.

Finalmente, o 29 de maio, José Eira Fernández, (sarxento 1º da garda civil de tráfico) falará a partir das 10.30 sobre seguridade vial para embarazadas, sistemas de retención infantil e procesos coma o rexistro do recén nacido, ou a tarxeta de benvida.

Cabe destacar que todas as charlas se impartirán na Casa da cultura Luís Seoane. Para inscribirse, consultar dúbidas ou solicitar máis información sobre o programa “Mimos de Mamá”, envía un correo electrónico a cultura@opino.gal, ou chama ao 981 511 065.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Aberto o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos de verán 2019 da Deputación da Coruña
Manuel Ángel Penas e Paula Mayobre gañan as probas absolutas da XVI Carreira Popular de O Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English