O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino chama a toda a veciñanza a loitar contra a violencia machista no seu vídeo institucional do 25N

News

24/11/2020
24 Nov
  • “A violencia machista parámola entre todos e todas. Actúa. Non cales” é a contundente frase coa que o alcalde pecha a gravación
  • Un manifesto institucional reitera o compromiso municipal coa igualdade e a construción dunha sociedade máis xusta
  • A tradicional andaina solidaria terá lugar o sábado na área recreativa da Magdalena

“No Concello do Pino, á violencia machista parámola entre todos e todas. Actúa. Non cales. Dille non á violencia de xénero”. Esta frase contundente do alcalde, Manuel Taboada, serve como colofón para o vídeo institucional co que o Concello do Pino conmemora este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convidando a toda a veciñanza a tomar partido e poñerlle freo ás agresións machistas.

Por un lado, identificar actitudes vencelladas á violencia de xénero; polo outro, instigar á cidadanía a denunciar as agresións e, por último, apoiar as vítimas son os tres piares de actuación que o Concello considera fundamentais e por iso incide neles neste vídeo, no que poidemos escoitar afirmacións como “Non deixes que te ridiculice, que te controle, que te aparte das túas amizades”, “Ante o maltrato hai que tomar partido. Non sexas cómplice” ou “Calquera momento é bo para dicir basta”.

Concelleiras da Corporación, a directora e un profesor do colexio CPI Camiño de Santiago, a presidenta da ANPA, unha doutora e un doutor do centro de saúde, o presidente da SD O Pino e empregados municipais diríxense a toda a veciñanza para deixar constancia de que a violencia de xénero non é un problema individual, senón que nos atinxe a todos e todas como sociedade.

A responsabilidade que temos cada un de nós de facerlle fronte ás agresións machistas é tamén a finalidade do manifesto institucional (preme aquí para lelo) publicado polo Concello do Pino co gallo do 25 N. “Debemos impedir os intentos de xustificar, minimizar, banalizar ou ocultar a violencia de xénero, ademais de denunciar calquera tipo de maltrato cara a muller e visibilizar uns agresores que non nos representan na construción da sociedade que queremos, asentada sobre os principios de liberdade, de xustiza e de equidade”, sinala o texto.

A declaración municipal reitera o compromiso do Concello do Pino para actuar fronte á violencia de xénero e loitar a prol da igualdade, coa fin última de lograr que “cada persoa posúa os mesmos dereitos e oportunidades, e poida aportar o seu valor ao conxunto dende a liberdade e a dignidade”.

No marco dos actos do 25N, o Concello organiza asimesmo a tradicional andaina solidaria pola igualdade que nesta ocasión terá lugar o vindeiro sábado 28 de novembro a partir das 16:00 horas pola contorna da área recreativa da Magdalena, en Castrofeito.

Curso de defensa persoal

Por último, a través de Facebook, a veciñanza poderá seguir os tres vídeos dun curso de defensa persoal destinado ás mulleres e que tivo que pasar ao formato virtual por causa das restricións establecidas pola pandemia de covid-19. A primeira clase estará dispoñible a partir deste mércores 25.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Declaración institucional do Concello de O Pino polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Andaina pola igualdade no Pino con 70 persoas para pór punto final á violencia de xénero »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English