O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino celebrará mañá a clausura das Escolas Deportivas Municipais cunha gala na que participarán preto de 150 nenos e nenas

News

04/06/2026
4 Jun
  • O Pavillón de Reboredo acollerá exhibicións de sete disciplinas deportivas e a tradicional entrega de medallas ao alumnado ||

Futbol Sala nivel II

O Concello do Pino celebrará mañá venres, 5 de xuño, a gala de clausura das Escolas Deportivas Municipais 2025-2026, unha cita xa consolidada no calendario deportivo local que servirá para poñer o broche final a un curso marcado pola participación, a aprendizaxe e a práctica deportiva entre a infancia e a mocidade do municipio.

O acto terá lugar ás 17.30 horas no Pavillón Municipal de Reboredo e reunirá aos preto de 150 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, que ao longo do curso formaron parte das distintas actividades promovidas polo Concello.

A xornada estará protagonizada polos propios participantes, que ofrecerán exhibicións das disciplinas nas que estiveron traballando durante os últimos meses. O público poderá gozar de demostracións de psicomotricidade, multideporte, fútbol sala, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe e bádminton, amosando a evolución, as habilidades e o esforzo desenvolvidos durante a tempada.

A gala contará coa presenza do alcalde do Pino, Manuel Taboada, e do concelleiro de Deportes, Borja Castro, e incluirá a tradicional entrega de medallas, un recoñecemento simbólico co que o Concello quere premiar a constancia, a dedicación e o compromiso de todos os nenos e nenas que participaron nas Escolas Deportivas Municipais.

Desde o Concello do Pino destacan a importancia deste programa, que cada ano contribúe a fomentar hábitos de vida saudables, a práctica deportiva e valores como o compañeirismo, o respecto e a superación persoal entre os máis novos.

A clausura servirá ademais como punto de encontro para as familias, os monitores e os participantes, que compartirán unha tarde de celebración tras meses de adestramentos, aprendizaxe e convivencia.

O Concello do Pino convida á veciñanza a asistir a esta gala e acompañar aos mozos e mozas deportistas nunha xornada pensada para recoñecer o seu esforzo e celebrar os logros acadados ao longo do curso.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde do Pino e o conselleiro de Cultura abordan melloras en infraestruturas e accións de dinamización de cara ao Xacobeo 2027
Preto de 150 nenos e nenas protagonizan a gran festa do deporte base na clausura das Escolas Deportivas Municipais do Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English